Praia das Dornas, o tesouro das tradicións mariñeiras

Neste pequeno areal, tranquilo e pouco ventoso, chaman a atención as numerosas embarcacións tradicionais varadas na area: as dornas

A illa de Ons, situada fronte á ría de Pontevedra, ten unha configuración alongada. Caracterízase por presentar abruptos cantís na cara oeste, onde a natureza corre salvaxe, en clara contraposición coas pequenas ladeiras e praias que buscan refuxio no litoral. Conta cun alto valor etnográfico e cultural, debido a que nela existiu unha pequena poboación que tivo que adaptarse a vivir illada. Moitas das edificacións, que aínda hoxe permanecen, son o fiel reflexo do patrimonio mariñeiro que tanto caracteriza esta illa.

Un dos grandes tesouros que agocha a Ons é a praia das Dornas. Xunto ao peirao de pasaxeiros, dános a benvida á illa. As embarcacións tradicionais (dornas) varadas na praia e as redes secando ao sol, constitúen un recordatorio para os visitantes: nesta illa todo xira en torno aos oficios mariñeiros.

Publicidade

Chegamos a esta praia para iniciar a ruta de Ons. Neste pequeno areal, tranquilo e pouco ventoso, de forma rectilínea, e area branca e grosa, chaman a atención as numerosas embarcacións tradicionais varadas na area: as dornas. A súa orixe non está clara, mais diversos estudos sinalan que poderían ser de procedencia nórdica, de cando os viquingos asediaron as costas galegas entre os séculos IX e XII. Isto xustificaría o seu abundante uso nas rías de Arousa e Pontevedra, especialmente invadidas polos viquingos, ao ser porta de entrada a Santiago de Compostela.

Para a observación

Moi típicas das Rías Baixas, as dornas teñen un tamaño aproximado de 5 metros. Contan cunha proa redonda que sobresae da cuberta, unha popa plana e unha quilla pronunciada. Ademais de remos, estan dotadas dunha vela, que permitiría cubrir maiores distancias durante as longas xornadas de pesca. A intensa actividade pesqueira e comercial comezada na illa a mediados do século XIX, coa instalación dunha fábrica de salgadura de peixe, provocou que aumentara o uso das dornas, animando as familias a mercar a súa propia embarcación. Era máis rendible pescar e vender na propia illa que ter que desprazarse a outras fábricas situadas na costa.

Publicidade

Os rocuedos litorais

Os rochedos litorais enfróntanse constantemente ao embate das olas e á turbulencia da auga, que erosionan e modelan a costa. Os organismos que habitan nesta zona están adaptados ás duras condicións ambientais mediante mecanismos para fixarse ao substrato e para resistir os golpes do mar. Grazas a estas turbulencias, as augas costeiras están prácticamente saturadas de osíxeno e gran cantidade de materia orgánica. Se sumamos isto á gran diversidade de hábitats que hai nestas zonas rochosas, como fendas, covas, paredes etc., explica a diversidade específica destes ambientes, caracterizados pola progresiva substitución dunhas especies por outras ao longo das zonas supramareal, intermareal e submareal.

Descarga aquí a undécima entrega da guía.


DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descuberta unha grande estrutura romana no exterior do castro do Castelo dos Mouros, en Ons

Un equipo da UVigo acha "abondoso material" na terraza intermedia do xacemento e identifica unha gran cantidade de restos de ánforas orixinarias do sur da península e de Italia

O Porto de Vigo inicia a vertedura de 220.000 toneladas de dragaxes a 3,6 millas de Cíes

O ministerio reabre o vertedoiro submarino xunto a Sálvora e habilita un terceiro a 5,5 quilómetros de Ons, onde descansarán as escavacións do Lérez

Praia de Melide, a importancia de conservar os sistemas dunares

Xunto co de Muxieiro, situado nas illas Cíes, constitúe un dos principais depósitos de area do parque nacional

Punta Centolo, o refuxio das aves mariñas

Este miradoiro da illa de Ons é zona de cría das aves máis emblemáticas do parque nacional