Un paraíso para as aves

As colonias de gaivotas do Parque Nacional das Illas Atlánticas teñen un importante impacto sobre as comunidades vexetais, as augas costeiras e o solo

A colonia de aves mariñas presente no Parque Nacional das Illas Atlánticas ten un importante impacto sobre as comunidades vexetais, as augas costeiras e o solo. Diversos estudos realizados pola Universidade de Santiago (USC) demostraron que hai un cambio rotundo en canto ao enriquecemento dos solos con respecto ao que sucede noutros cantís próximos onde non hai gaivotas.

“Os solos das colonias onde crían gaivotas están tremendamente enriquecidos de nitróxeno, fósforo, pero tamén doutros micronutrientes como cobre, níquel e tamén elementos tóxicos. Aínda que non detectamos toxicidade ambiental debida a iso”, apunta Xosé Luis Otero, doutor en Ciencias Biolóxicas da USC. Segundo continúa explicando, as colonias de gaivotas deixan cos seus excrementos metais no solo e nas augas.

Publicidade

Outra das liñas de estudo que levan a cabo dende a institución compostelá é a relación entre os microplásticos e as gaivotas. Segundo as súas estimacións, as aves depositan anualmente uns 100 millóns destes residuos no Parque Nacional das Illas Atlánticas. “Os excrementos teñen un alto contido de plásticos. O 80% ten plásticos ou microplásticos, tanto nas Cíes como nos portos próximos de Aguiño, Vigo, Ribeira… Pensamos que en Sálvora e en Ons se están depositando cantidades similares”, explica Otero. Os moluscos son a especie máis afectada.

A USC leva traballando nas Illas Atlánticas máis de 20 anos, dende o 1997, cando aínda non era parque nacional. “A Xunta concedéranos un pequeno proxecto para avaliar a incidencia ou o impacto que as colonias de aves mariñas, especialmente a gaivota, tiñan sobre as comunidades vexetais”, lembra o investigador. Sobre todo centráronse na herba de namorar, que estaba en caída libre das súas poboacións e descoñecíase o motivo. Xa en 2011 iniciaron outro proxecto para avaliar con máis detalle o impacto da gaivota patiamarela nos solos, nas augas costeiras e nas especies vexetais.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As Cíes perden biodiversidade: así destrúe o cambio climático as reservas mariñas

O autor do estudo do CSIC sobre as Illas Atlánticas advirte sobre o quentamento das augas e a acidificación como os principais factores de alteración ecolóxica

Os embrións das aves escoitan as conversacións dos seus pais dende o ovo

Un estudo da Universidade de Vigo estudou 44 familias de gaivota patiamarela da illa de Sálvara para atopar diferenzas durante a incubación

Tiburón a vista de dron: un achado inesperado nas illas Cíes

Investigadores da Universidade de Valencia captaron en agosto as imaxes dunha quenlla que nadaba nas augas costeiras do parque nacional

Antigo cuartel da garda de asalto, testemuña dos bosques autóctonos de Galicia

A vexetación exuberante que rodea ás ruínas é un dos rasgos máis característicos das illas que conforman o arquipélago de Cortegada