Etiqueta: especies exóticas invasoras

Vinte colectivos coordinan unha deseucaliptización simultánea en Galicia

Entidades ecoloxistas e agrupacións académicas, culturais e veciñais eliminarán eucaliptos, acacias e outras especies invasoras

Unha regueifa para amosar os matices do eucalipto

O debate sobre a árbore acaba con acordo na necesidade de regular as plantacións, pero con discrepancias sobre o seu efecto no ecosistema

Catro expertos debaten este luns sobre o eucalipto nas Regueifas de...

Serafín González, Adolfo Cordero, Francisco Díaz Fierros e Manuel Marey contrastarán datos sobre a mala sona da árbore en Galicia

Científicos de Vigo advirten de que as plantas invasoras propagan as...

Un estudo que analiza áreas con presenza de uña de gato e mimosa explica a súa contribución ao aumento de bacterias causantes de danos en cultivos

A Xunta defende nos tribunais que o eucalipto non é invasor

A administración autonómica presenta informes contra a demanda do Concello de Teo, que conseguiu que un comité científico se pronunciara ao seu favor

Abelleiros, paintball e outras cinco ocorrencias contra a Vespa velutina

Perdigóns, explosivos, supostas aves depredadoras, todo tipo de bebidas alcólicas... son algunhas das arrancadas vistas en Galicia para loitar contra a especie

Unha cochinilla, posible arma biolóxica contra a uña de gato

A tese da investigadora Cristina Vieites expón bos resultados en laboratorio no uso da P. mesembryanthemi contra esta especie invasora
De esquerda a dereita, e de arriba a abaixo. especies invasoras para as que se autorizou a pesca: cangrexo sinal, cangrexo americano, perca e carpa.

Autorizada a pesca de catro especies invasoras de peixe e cangrexo...

A orde da Xunta que regula a tempada de pesca de 2019 permite a captura en determinadas zonas do cangrexo vermello e sinal, a carpa e a perca americana

Unha revisión científica avisa: achégase outra extinción masiva

O investigador Francisco Sánchez Bayo lidera unha análise que expón o risco de extinción do 40% das especies de insectos debido a varias ameazas

Avanza por Galicia o papabuxos, unha nova couza invasora

Varios concellos levan xa tempo tomando medidas contra a especie "Cydalima perspectalis", que xa foi detectada en varias rexións da Península