Así avanzou desde 2014 a velutina por Galicia

A avespa asiática experimentou un crecemento exponencial desde que en 2013 foi detectada por primeira vez no país, despois de chegar a Francia en 2004

A evolución é exponencial: tanta que, segundo os datos que achega a Consellería de Medio Rural, quedan moi poucos municipios nos que non se teña detectado ningún niño que conteña a velutina. Antes de rematar o ano, coa información que achega de forma periódica a Xunta, o mapa xa é semellante ao de 2018.

Desde as primeiras deteccións, que se centraron sobre todo na Mariña lucense e no sur da provincia de Pontevedra, a invasión estendeuse en forma de cuña cara ao interior. Primeiro colonizou case que todos os concellos da Coruña e Pontevedra e do norte do Lugo. Por agora, a provincia de Ourense parece a menos afectada, sobre todo no leste, pero só en 2019 xa se rexistraron en concellos como Verín máis de 25 niños.

Publicidade

Os últimos datos, publicados por Medio Rural esta semana, son desacougantes para moitos concellos das provincias occidentais en canto a velutina. Así, comarcas como Santiago, Pontevedra, Ordes, Barbanza ou Ferrolterra suman máis de 100 niños retirados na gran maioría dos municipios.

Os efectos que a velutina provoca no ecosistema son importantes pola predación sobre outras especies de insectos, especialmente as abellas, que supoñen unha parte considerable da súa dieta, polo que está causando unha importante merma ao sector apícola en Galicia. Ademais, supón unha ameaza para a biodiversidade autóctona polo seu impacto na cadea trófica. Alén disto, no caso de picar a humanos, pode causar graves reaccións anafilácticas, e mesmo a morte á persoa que padeza a picadura.

Publicidade

Para afrontar o avance da especie, o trampeo e a destrución dos niños seguen sendo os métodos principal de control da poboación. Porén, diversas voces da comunidade científica veñen advertindo dos inconvenientes que poden causar estas actuacións para o ecosistema, ao tempo que insisten nun maior investimento en investigación para frear as perdas que está causando a velutina en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A guía definitiva para frear a expansión da velutina en Galicia

O documento elaborado pola Asociación Nacional de Empresas de Sanidade Ambiental establece protocolos de actuación para protexer a poboación, a apicultura e a biodiversidade

Que está a pasar coa velutina este ano? Galicia rexistra tres novas vítimas

As condicións meteorolóxicas e o aumento da actividade dos niños poderían explicar a repunta de ataques no outono

Chegará o avespón oriental a Galicia? “A froita que vén do sur podería traer exemplares ocultos”

O cambio climático e o comercio de mercancías incrementan o risco de expansión desta especie invasora cara ao noroeste peninsular

Que é o avespón oriental: a nova ameaza que toma o relevo da velutina

O depredador de abellas melíferas está considerado unha das principais pragas do país segundo o Catálogo Español de Especies Invasoras