Que é o verme soldado? A gran praga que ameaza os cultivos de millo en Galicia

O verme soldado (Spodoptera exigua) é dunha das principais eirugas defoliadoras que afectan ao cultivo do millo e unha das pragas agrícolas de insectos mellor coñecida. Orixinaria de Asia, espandiuse mundialmente e agora é unha ameaza que xa está en Galicia. Trátase de vermes cortadores de cor verde e marrón que se alimenta das follas das plantas e pode comer por completo os cultivos máis pequenos. A causa da perigosidade para os cultivos, a Consellería do Medio Rural recomenda a profesionais da agricultura e a gandaría intensificar a vixilancia das parcelas de millo ante o incremento das postas e da presenza de larvas, confirmado polas elevadas capturas nas últimas semanas na rede de trampeo da Xunta.

O maior risco reside nas larvas: as máis pequenas devoran o tecido das follas, de maneira que todo o que queda é epiderme e veas, mentres que as grandes tenden a abrir buracos a través de áreas máis grosas das plantas. Ademais, tamén atacan brotes e botóns impedindo a floración, a aparición de novas follas e o desenvolvemento das plantas, ademais de deixar un rastro de seda que enreda as follas.

Publicidade

Nas últimas revisións da rede de seguimento, observouse unha elevada actividade de voo de Spodoptera exigua en Galicia, especialmente na provincia da Coruña.

Onde está?

As capturas máis importantes rexistráronse nos concellos de Mazaricos (800 e 50 adultos por trampa, respectivamente), A Baña (500), Rois (300), Santa Comba (280 e 90) e Zas (90), evidenciando unha intensa actividade da especie nestas zonas.

Publicidade

Na provincia de Lugo tamén se confirmou a presenza de Spodoptera exigua en numerosos puntos da rede de seguimento. Nas últimas revisións rexistráronse capturas en Outeiro de Rei, Friol, Guntín, Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Taboada, Chantada, Portomarín, Castroverde, Lugo e Paradela, con valores comprendidos entre 2 e 50 adultos por trampa. As capturas máis elevadas foron as rexistradas en Guntín (50), Friol (30 e 24), Castroverde (26 e 24), Monterroso (25), Antas de Ulla (21) e Palas de Rei (20 e 18).

Como actuar?

A Consellería realiza o seguimento das principais eirugas defoliadoras que afectan ao cultivo do millo mediante unha rede de 159 trampas de feromona distribuídas polas principais comarcas produtoras de Galicia. Esta rede permite coñecer a evolución da actividade de voo dos adultos de Spodoptera exigua (verme soldado) e Mythimna unipuncta (verme defoliador do millo e das gramíneas), facilitando a emisión de avisos fitosanitarios e a adopción das medidas de seguimento e control máis axeitadas.

Así, Medio Rural lembra que a detección de masas de ovos e de larvas de primeiros estadios é o momento no que as medidas de control resultan máis eficaces. Por iso, no caso de ser necesaria unha intervención fitosanitaria, a Consellería recorda tamén que deberán empregarse exclusivamente produtos autorizados para o cultivo e a praga, consultando previamente o Rexistro Oficial de Produtos Fitosanitarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), xa que as autorizacións poden modificarse. Na actualidade, as materias activas autorizadas son o Clorantraniliprol; Clorantraniliprol + lambda cihalotrin; Cipermetrin; Deltametrin; Lambda cihalotrin; Spinosad e Teflutrin.

Recoméndase realizar os tratamentos sobre larvas de primeiros estadios, alternando materias activas con diferente modo de acción para reducir o risco de aparición de resistencias e respectando sempre as doses, condicións de uso, prazos de seguridade e demais indicacións recollidas na etiqueta do produto fitosanitario.

Segundo a Consellería do Medio Rural, a rede de seguimento continuará operativa durante as próximas semanas para avaliar a evolución das capturas e emitir novos avisos fitosanitarios no caso de detectarse cambios significativos na actividade da praga.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro