Así invadiu Galicia a vespa velutina en 4 anos

Preto de 500 niños destruídos cada semana en Galicia durante o ano 2018. Un total de case 25.000 nespreiros retirados nos últimos doce meses. Así son as cifras do balance final ofrecido por Medio Rural que demostran a magnitude da praga da vespa velutina, que xa se estende por toda a xeografía galega, despois de comezar a ocupar zonas de Ourense e do leste de Lugo que ata o de agora se mantiñan a salvo da vespa asiática.

Niños de velutina retirados no ano 2014.

Os mapas amosan a magnitude do avance da velutina. Con datos ofrecidos por Medio Rural, corresponden ao número de niños retirados en cada concello cunha diferenza de catro anos: no 2014 e no 2018, ambos os dous con data 31 de xaneiro. Aínda que o combate contra a velutina era menos intenso hai anos, a extensión da mancha vermella evidencia a invasión.

Publicidade

Niños de velutina retirados no 2018. Fonte: Medio rural.

Moitos expertos coinciden en que, cos sistemas actuais de trampeo e retirada de avespeiros, a erradicación da praga non será posible. O pasado outubro, o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago acolleu unhas xornadas con científicos expertos que concluíron que erradicar a vespa asiática é “practicamente imposible”, e que a investigación é “indispensable” para mellorar os sistemas actuais de loita.

Atopar un depredador ou parasito que combata a praga pode ser unha solución, como xa aconteceu coa a avespiña do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus) contra a que no 2018 se soltaron en Galicia 790.000 individuos de Torymus sinensis, un parasito que ataca esta especie. Pero esa arma biolóxica aínda non existe para a vespa asiática, aínda que é un problema global, con gran incidencia xa en boa parte de Europa.

Publicidade

Aquí podes ler máis información sobre a ciencia e a vespa velutina:

As preguntas incómodas da ciencia sobre a velutina

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As nubes baixas ameazan a observación da eclipse total de Sol no norte de Galicia

A Aemet alerta de que son as que poden ocultar por completo o Sol, e afectarán especialmente a zonas do litoral galego durante o fenómeno

A eclipse a través do móbil: o novo simulador para saber como se verá dende calquera punto de Galicia

A aplicación en liña emprega a cámara, o GPS, o acelerómetro e a brúxula para recrear o fenómeno astronómico do ano

O efecto Purkinje, o curioso fenómeno que cambiará as cores durante a eclipse total de Sol

A diminución brusca da luz activa os bastóns da retina e fai que os tons vermellos, laranxas e amarelos se perciban máis escuros

Catro días de incógnita

Días antes da eclipse do 12 de agosto, a meteoroloxía e a nubosidade seguen a ser as preguntas máis frecuentes para asegurar a observación. Por Andrea Veiga