Vinte colectivos coordinan unha deseucaliptización simultánea en Galicia

Entidades ecoloxistas e agrupacións académicas, culturais e veciñais eliminarán eucaliptos, acacias e outras especies invasoras

A deseucaliptización é unha palabra cada vez máis escoitada en Galicia. Non en tanto, foi elixida como Palabra do Ano 2018 pola Real Academia Galega. Desde o nacemento das Brigadas Deseucaliptizadoras, un equipo que mobiliza, organiza e coordinan a erradicación de eucaliptos, mimosas e outras especies invasoras en terreos degradados, non deixaron de xurdir novas iniciativas para recuperar o monte coa colaboración de propietarios dos terreos forestais.

Neste sentido, estes días 21 e 23 de marzo, co gallo do Día Mundial dos Bosques, máis de 20 colectivos coordinan unha deseucaliptización simultánea, que se amplía tamén a outras especies como a Acacia dealbata en diversos puntos do país.

Publicidade

Cartel da deseucaliptización simultánea. Fonte: Cousa de Raíces.
Cartel da deseucaliptización simultánea. Fonte: Cousa de Raíces.

As organizacións responderon á chamada de Cousa de Raíces, a denominada plataforma a prol do bosque galego, para “chamar a atención sobre a urxencia de favorecer e conservar os bosques galegos fronte o impacto negativo e a expansión descontrolada de especies e plantas exóticas invasoras no país, como é o caso do eucalipto ou da acacia”, en palabras da entidade convocante.

Así, Cousa de Raíces apela a“distinguir entre o que é un bosque (ecosistema natural complexo, no que as especies arbóreas, a vexetación acompañante, os animais, fungos e microorganismos establecen relacións perdurables no tempo) e unha plantación forestal (conxunto de árbores uniformes que se plantan cun único interese comercial e que adoita estar formada por especies alóctonas que desprazan as especies autóctonas)”.

Publicidade

Subliñan que no caso destas plantacións, “as especies foráneas, como o eucalipto ou a acacia, causan un impacto negativo sobre as especies forestais propias, o solo, os cauces fluviais, a biodiversidade, ocupan solos de cultivo e compiten coas especies propias, ademais de contribuír a favorecer os incendios forestais”.

Fronte a isto, defenden que “os bosques ou formacións arbóreas de especies autóctonas achegan múltiples beneficios á sociedade: mitigan o cambio climático, reteñen carbono, favorecen a provisión de auga, xeran biodiversidade e paisaxe, son fundamentais para a conservación da natureza e son fundamentais para a vida”.

Calendario de actividades

As accións de eliminación de especies exóticas comezarán o xoves na cidade da Coruña, cunha actividade de eliminación de flora exótica invasora, especialmente da acacia negra, organizada no Monte da Fraga pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña, coa colaboración de ADEGA.

As demais accións de eliminación de eucaliptos e outra flora exótica terán lugar o sábado, 23 de marzo. Unha delas desenvolveranse na provincia da Coruña, en concreto nos Montes de Froxán de Lousame. Nesta zona, a comunidade de montes, xunto con Verdegaia e as brigadas deseucaliptizadoras, levan tempo promovendo a recuperación do bosque nativo.

As actuacións restantes terán lugar na provincia de Pontevedra, nos concellos de Agolada, Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas, Mondariz, Melón, Pontevedra, Ponteareas, Caldas de Reis e Vigo. Estarán promovidas por entidades ecoloxistas, culturais e comunidades veciñais de montes en man común.

As xornadas estarán apoiadadas por ADEGA, Couto da Eiriña, Verdegaia, Montescola e CMVMC de Froxán (Lousame), a Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña, A Rente de Chan, Pladever, Fundación Eira, Proxecto Ríos, Amigos da Terra, CMVMC de Tourón (Melón), Asociación Vergasta, APDR, agrupación Arlequín, Proxecto MonTeis, a CMVMC de Teis (Vigo), a CMVMC de Ponteareas e a CMVMC de Carracedo (Caldas de Reis).

Máis información da deseucaliptización simultánea

As entidades convocantes destas accións de deseucaliptización simultánea e eliminación de especies exóticas invasoras, ofrecen máis información mediante o contacto coas entidades promotoras de cada unha delas a través dos teléfonos e dos emails que se sinalan no mapa de actuacións e na Táboa de actividades de deseucaliptizacion.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ailanto, estrela de fogo e eucalipto: as 60 especies que ameazan a biodiversidade galega

Un proxecto colaborativo lanzado dende a SGHN reúne datos de máis de 26 autores no 'Atlas da Flora Exótica Invasora' para frear a súa expansión e protexer os ecosistemas

Os datos do eucalipto confirman as sospeitas: a moratoria de 2021 causou un ‘efecto chamada’

A polémica especie crece un 6% en dous anos, o dobre do que a Xunta anticipaba para o período 2021-2025

Como inflúen as especies arbóreas no solo? Un estudo analiza os seus efectos en Rianxo

A investigación da USC mostra que os terreos baixo eucalipto teñen un contido de auga medio do 13%, significativamente menor que o das matogueiras

Unha moratoria con gretas? Así pode o eucalipto gañar terreo en Galicia

A normativa anunciada pola Xunta permitirá novas plantacións nos terreos de piñeiros afectados pola banda marrón de forma temporal