Confírmase a expansión da velutina cara ao interior de Galicia

Os datos actualizados a 15 de abril expoñen a detección de niños na montaña lucense e numerosos concellos da provincia de Ourense

Hai case catro anos e medio a Xunta de Galicia publicaba o primeiro balance anual dos concellos nos que se detectaran niños da Vespa velutina, a avespa asiática que hoxe é xa unha praga preocupante no país. O mapa amosaba dous puntos nos que o problema xa despuntaba: varios concellos da Mariña Lucense e o Baixo Miño aparecían con máis de cinco niños retirados. En 2019, en só 100 días de ano, a expansión multiplicouse: son máis dunha vintena de municipios nos que se atoparon entre 26 e 100 niños.

O máis preocupante, con todo, é que cada vez hai menos zonas libres de velutina. Mentres que nos anos previos a retirada dos nespreiros se concentraba na faixa atlántica, os datos que publica a Consellería de Medio Rural, actualizados a 15 de abril, o oriente de Galicia parece enfrontarse a un ano que vai confirmar a expansión da especie exótica invasora ao conxunto do territorio.

Publicidade

Evolución da expansión a finais de cada ano desde 2014, e últimos datos de abril de 2019. Fonte: Medio Rural.
Evolución da expansión a finais de cada ano desde 2014, e últimos datos de abril de 2019. Fonte: Medio Rural.

É unha tendencia que xa se advertiu nalgún dos encontros científicos nos que se abordou o problema. A comezos de abril, nun encontro celebrado no Consello da Cultura Galega, o investigador Luís Rodríguez Lado presentou os primeiros resultados de VeluMap, un mapa de predición sobre a expansión da avespa nos vindeiros anos. Este avance cara a zonas interiores, cunha notoria actividade apícola, podería comprometer, do mesmo xeito, esta actividade económica, que xa está resultando afectada nos últimos anos, cun descenso da súa produción debido ao ataque da velutina ás colmeas.

A expansión da velutina

Desde que se detectou en 2013 por primeira vez en Galicia (a Europa chegara por mar a Francia, en 2004), o insecto de orixe asiática medrou de xeito exponencial do país. A pesar do intenso trampeo promovido desde as Administracións públicas, este método semella que, ata o de agora, non foi quen de frear o avance da especie. Non en tanto, algúns estudos científicos cuestionan a eficacia do trampeo masivo e avogan por buscar camiños alternativos na investigación.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da velutina aos meles de baixa calidade: os retos actuais da apicultura

A confluencia de varios factores ameazan á saúde da abella e do seu ecosistema. Por Damián Copena Rodríguez e María A. Ferreira Golpe

Á procura dos 30 pasaxeiros que desembarcaron en Santa Elena: pode expandirse o gromo?

A prioridade das autoridades sanitarias pasa por identificar e seguir os contactos para evitar a propagación da enfermidade

Cando as mascotas devoran a biodiversidade: un conflito sen regular na Unión Europea

A falta de regulación na UE converte aos cans e gatos nunha ameaza para a fauna silvestre e a biodiversidade

Ailanto, estrela de fogo e eucalipto: as 60 especies que ameazan a biodiversidade galega

Un proxecto colaborativo lanzado dende a SGHN reúne datos de máis de 26 autores no 'Atlas da Flora Exótica Invasora' para frear a súa expansión e protexer os ecosistemas