Sábado 7 Decembro 2024

Xesús Feás: “Ningún estudo científico avala o trampeo masivo da velutina”

Científicos e apicultores chegaron a unha conclusión: é fundamental a unión entre sectores para seguir investigando e experimentando

“Quen afonda nos misterios da natureza asómbrase continuamente coas súas marabillas. Sabe que pode pasar calquera cousa, e que o totalmente imposible, con frecuencia, sucede”. Con esta cita da famosa bióloga Rachel Carson abriu Xesús Feás a súa conferencia na xornada sobre a vespa velutina no Consello da Cultura Galega o pasado mércores. O científico explica o paralelismo: o que está a suceder coa velutina en Galicia semellaba practicamente imposible.

Actualmente existen cinco perigos principais, segundo Xesús Feás, derivados da presenza da avespa. O primeiro é a saúde da xente e a morte, que define como “unha realidade que vai ir a máis”. O segundo é o sector apícola, fundamental para o benestar; aínda que en este sentido, móstrase crítico con outro tipo de problema que ameaza á abella, os pesticidas. Defende que utilizar pesticidas e protexer ás abellas é incompatible. Outros dos riscos son a fruticultura, o destrozo de vivendas pola retirada de niños e o perigo nas actividades forestais.

Publicidade

Profesionalidade e método científico

No comezo da xornada, Antonio Crespo Iglesias, presidente da Academia Galega de Ciencias Veterinarias de Galicia (ACVG), falou da importancia de tomar decisións cun enfoque profesional para explicar á sociedade a forma correcta de afrontar á velutina. Neste sentido continuou Xesús Feás, quen explicou a importancia do método científico, especialmente no trampeo. Centralizar e contabilizar os resultados obtidos, para contar con datos que permitan seguir investigando, é clave para acadar a solución definitiva.

“A día de hoxe non hai nin un traballo científico que apoie o trampeo masivo”, explica, e aínda así continúa sendo a forma máis utilizada. O trampeo debe realizarse de xeito selectivo, pois cada trampa é exclusiva en función do líquido e da súa colocación. A aposta de Feás é o seu descubrimento recente: unha feromona sexual que atrae ao macho da velutina. Aínda así, prefire mostrarse reservado: “Non digo que teñamos a solución, hai que seguir investigando.”

Publicidade

O principal problema para continuar investigando é a ausencia de recursos e financiamiento, que tamén afectan a outras áreas: aínda non existe un traxe específico de protección contra a velutina. Os corpos de bombeiros, encargados de retirar os niños, precisan formación, técnica e equipamento axeitados.

Outras voces

Na xornada tamén participou Luis Rodríguez Lado, quen aproveitou a ocasión para explicar o funcionamiento da aplicación web VeluMap. Lado anunciou que a aplicación móbil estará dispoñible dentro de 15 ou 20 días.

VeluMap: así se prevé a expansión da velutina nos próximos anos

Distintas asociacións apícolas amosaron o seu punto de vista durante a mesa redonda. Román Cid, de Abellas Nais, afirmou que o futuro do sector sería orientalo cara “producións alternativas ao mel”, que estiveran a favor da abella máis que contra a velutina.

Xesús Asorey, da Asociación Galega de Apicultura (AGA) amosou clara a súa postura: “Trampear é como querer baleirar o océano atlántico a caldeiros”. En base á ausencia dalgún representante da Xunta de Galicia na xornada, falou da “alerxia” da Consellería a falar coas persoas afectadas.

Xesús Asorey (AGA): “Trampear é como querer baleirar o océano atlántico a caldeiros”

Esther Ordóñez, da Agrupación Apícola de Galicia (APA) definiu á velutina como “a inimiga de todos que chegou para quedarse”. En canto á forma de loitar, defende que a mellor opción é seguir sendo apicultores e non vespicultores: apostar pola boa alimentación das colmenas para que a raíña continúe a súa labor.

O presidente da ACVG, Antonio Crespo, definiu a xornada como “un foro onde se reúne o máis importante do sector apícola de Galicia”. Argumenta que “ninguna administración, sexa do color que sexa, vai estar de espaldas a este sector unido”.

1 comentario

  1. Subscribo totalmente o manifestado por Xesús Feás, dende fai moito tempo abusase do trampeo masivo, ata con escolares, sen nengún rigor nen control. Eu deixei de utilizar o trampeo masivo dende fai moito tempo e reducindoo a determinadas épocas do ano, e ainda así, non estou seguro da súa eficacia, nen siquera, cando se fai de xeito puntual.
    ¡Máis investigación e menos improvisación!!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Manuel Rey: “Hai que poñerlle caras e nomes á Ataxia da Costa da Morte”

O redactor de GCiencia acaba de publicar o libro "El mal sin cura de la Costa da Morte", que conta a historia das familias afectadas pola SCA36

A produción de mel cae un 40 por cento pola seca e as velutinas

Os apicultores reclaman un plan integral contra a velutina que permita combater a praga con éxito

A avespa velutina provoca perdas aos apicultores do 30% da produción

O sector reclama axudas centralizadas e máis prevención para loitar contra a vespa asiática