Encontro científico sobre a velutina en Santiago

Investigadores e apicultores comparten visións e coñecemento nunha xornada que se celebra este mércores pola mañá en Santiago

O Consello da Cultura Galega, xunto á Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia (ACVG), organiza este mércores 3 de abril, unha xornada sobre a importancia dos avances científicos na urxente cuestión da Vespa velutina, tamén coñecida como “avespa asiática”. Para asistir é preciso formalizar a inscrición no portal habilitado para a xornada (ver ligazón).

O encontro, no que participarán diversos expertos e expertas, pretende ser un espazo común entre os distintos sectores implicados: o ámbito da investigación científica, os apicultores e os demais axentes involucrados na loita contra a velutina. Deste xeito, respostaranse de forma autorizada e matizada as principais cuestións relacionadas co equilibrio do ecosistema e a mobilidade das pragas.

Publicidade

Neste sentido falará Luis Rodríguez Lado, doutor en Bioloxía e xerente do portal GEOFORSK. Lado pretende extender o ámbito de traballo da intelixencia artificial á da distribución de pragas no espazo e no tempo, de maneira que se poidan monitorar da man da plataforma VeluMap.

Programa do encontro

O encontro inaugurarase ás 09.45h, e ás 10.15 horas será o turno de Luis Rodríguez Lado con VeluMap. Ás 11.00 horas, Xesús Feás, Académico da ACVG, explicará a necesidade de avances científicos para loitar contra a velutina.

Publicidade

Para rematar, ás 12.00 horas comezará unha mesa redonda moderada por Antonio Crespo, presidente da AGAG. Nela participarán Xesús Feás e dous representantes da Asociación Galega de Apicultura (AGA), Xesús Asorey Martínez e Mª Esther Ordóñez Dios.

Investigación

Aínda que son moitas as solucións tentadas para combater á vespa velutina, a práctica máis extendida é o trampeo masivo. Sen embargo, este remedio está cuestionado desde algúns sectores, e parece estar lonxe de poñer punto e final á especie invasora. Ademais, segundo o estudo realizado por investigadoras de Vigo publicado na revista Apidologie, o 99% de insectos que quedaron atrapados nas trampas da investigación non eran velutinas.

As preguntas incómodas da ciencia sobre a velutina

É certo que a propagación da Vespa velutina causa estragos na apicultura e afecta á vida das abellas, coa consecuente alteración do ecosistema. Pero ata que punto o remedio pode ser peor que a enfermidade? Onde se atopa a solución óptima en termos de sustentabilidade? Cara a onde se desprazarán as pragas de velutinas? Mañá tentaranse resolver estas e máis dúbidas durante o encontro. Pode consultarse o programa aquí.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais