O tronco do brócoli non se tira: estes son os seus nutrientes

Científicos do CSIC loan a presenza de carbohidratos e proteínas, moita fibra, poucas graxas e riqueza en vitaminas B1, B2, B6, C, K, A, calcio e ferro

O tronco do brócoli non se tira. Porque non só ten bo sabor, senón que achega nutrientes esenciais que ademais reforzan os noso sistema inmunolóxico. Así o aseguran investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), que salientan que contén carbohidratos e proteínas, ten moita fibra e poucas graxas e é rico en vitaminas B1, B2, B6, C, K, A, calcio e ferro.

Ademais, segundo os científicos, pode axudar aos diabéticos a eliminar os danos causados nos vasos sanguíneos, unido a que no tronco se atopa unha substancia chamada sulforafano, un antioxidante fitoquímico que ten propiedades anti inflamatorias.

Publicidade

“Basicamente, o talo do brócoli ten as mesmas propiedades que pode ter a cabeza, aínda que en menor intensidade”, resumiu Cristina García-Viguera, investigadora principal do Laboratorio de Fitoquímica do Centro de Edafoloxía e Bioloxía Aplicada do Segura do CSIC.

Ademais do aspecto nutricional, a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura ( FAO) estima que cada ano desperdícianse no mundo 1.300 millóns de toneladas de comida, un terzo da produción total. Tirar ao lixo o talo do brócoli tampouco semella unha boa idea dende esta perspectiva.

Publicidade

Ademais, os talos de brócoli conteñen unha importante cantidade de fibra. E as súas follas, que moita xente retira, conteñen beta-caroteno en maiores cantidades comparadas coas flores, que adoitan ser o único que se consume desta brásica. O beta-caroteno que é un importante antioxidante capaz de reducir as posibilidades de desenvolver dexeneracións maculares ligadas á idade.

Tamén son unha fonte de vitamina A, importante para fortalecer o sistema inmunológico e protexer a visión. Ademais, só 30 gramos de follas de brócoli poden achegar un 44% da cantidade diaria de vitamina C. As follas de brócoli pódense comer na dieta da mesma forma en que se preparan as flores. Cocidas, asadas, salteadas ou ao vapor… as follas e troncos do brócoli non se tira.

E aquí podes ler algúns artigos científicos sobre as bondades do brócoli:

Os brotes de brócoli poden previr o cancro de estómago

Tomar vitamina K reduce o risco de cataratas

As microcápsulas de brócoli aumentan as súas propiedades saudables

Un composto do brócoli e as coles axuda a tratar unha leucemia crócani

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri