CIMUS

Galicia, referente en medicina nuclear: “Abre unha esperanza para os tumores cerebrais”

O investigador do CiMUS e do IDIS Pablo Aguiar detalla os avances dos radiofármacos como tratamentos máis precisos fronte ao cancro

Identificada na Baixa Limia unha mutación asociada cunha doenza rara que causa perda de graxa

O investigador do CiMUS David Araujo-Vilar descubriu que varios pacientes cunha variante no xene LMNA proviñan da comarca ourensá

O equipo galego que desafía a diabetes tipo 1: “O diagnóstico é demoledor”

O equipo de Iria Gómez Touriño investiga as causas da enfermidade autoinmune e busca novos fármacos orais

Nace a Quimioteca Pública, unha biblioteca de elementos químicos con selo galego

A iniciativa, coordinada polo CIMUS da USC e a Fundación Kaertor, aspira a contar con 10.000 compostos químicos en 2028

Un estudo galego revela que o tratamento do TDAH mellora o equilibrio e altera o olfacto

Investigadores do CiMUS da Universidade de Santiago demostran que o metilfenidato afecta aos sentidos e normaliza a percepción da dor.

O CiMUS recibe o selo María de Maeztu: “É un fito histórico para a biomedicina galega”

O Centro Singular da USC obtén 3 millóns de euros para impulsar a atracción de talento, a colaboración internacional e a transferencia clínica durante os próximos catro anos

Investigadores galegos descubren un novo mecanismo clave na defensa fronte ao cancro

Un achado do CiMUS, da USC, permitirá entender os procesos do crecemento tumoral e potenciar o efecto dun novo fármaco experimental

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Un equipo da USC revela que o metabolismo non é consecuencia directa dos ritmos biolóxicos

Os achados abren novas perspectivas para o tratamento personalizado de trastornos como a síndrome metabólica ou as alteracións asociadas ao traballo por quendas

Un equipo de Santiago demostra que o cerebro modula a composición da microbiota

O estudo realizado en ratos e publicado na revista 'Nature Medicine' axuda a comprender mellor a relación entre a actividade neuronal e o intestino

Máis de 300 galegos sofren a enfermidade rara que fai perder graxa nas extremidades

O CiMUS é un dos referentes mundiais no estudo destes trastornos xenéticos ou adquiridos que fan perder material adiposo

O investigador da USC que busca as claves da estraña doenza que envellece os nenos

A enfermidade, que afecta a 200 menores en todo o mundo, será o tema a tratar no encontro do 28 de febreiro organizado polo CiMUS

Visitas a centros de referencia e máis de 60 relatores: o evento que impulsa o investimento en ciencia

O evento celebrarase en Santiago os días 19 e 20 de febreiro e brindará a oportunidade de coñecer casos de éxito e tendencias de investigación

Avance crucial contra a obesidade: un estudo da USC abre novas posibilidades terapéuticas

Unha investigación liderada dende Madrid suxire que inhibir a función dunha proteína podería ser unha estratexia prometedora para a perda de peso

O Dr. Jekyll e Mr. Hyde das proteínas: “Inhibilas pode axudar contra a resistencia á quimioterapia”

Ángel Nebreda, referente mundial no campo da oncoloxía molecular, foi o relator principal dun evento celebrado no CiMUS sobre avances en cancro

Científicos galegos abren a porta ao deseño de novos fármacos contra a colite e o Crohn

Un equipo do CiMUS e do IDIS emprega tecnoloxías de imaxe molecular para analizar o funcionamento e a eficacia do medicamento adalimumab