cancro de próstata

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O Sergas empregará IA para apoiar a análise de imaxes clínicas

O obxectivo é examinar anualmente 1,5 millóns de radiografías de tórax, 150.000 de cribados citolóxicos, 100.000 probas oftalmolóxicas e 40.000 para a detección de cancro de mama e próstata

Galicia lanza un novo fármaco para facilitar o diagnóstico do cancro de próstata avanzado

O ano pasado a unidade distribuíu 32.500 doses doutros tipos para detectar tumores, patoloxías cardíacas e enfermidades neurodexenerativas

Cirurxía revolucionaria en Vigo: extirpan por primeira vez no mundo un tumor de próstata cunha soa incisión

O servizo de Uroloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro aposta por unha abordaxe pouco invasiva que reduce a dor postoperatoria e o risco de infección

Así é o cancro de próstata con metástase nos ósos de Biden: síntomas dun tumor sen cura

Galicia notificou en 2022, último ano do que se teñen datos, máis de 2.400 casos da enfermidade que padece o expresidente dos Estados Unidos

Nace unha nova empresa en Galicia para achar fármacos de precisión contra o cancro

Iteria Biopharma inicia a súa andaina co desenvolvemento preclínico dun candidato para o tratamento dos tumores de próstata resistentes á medicación

Os casos de cancro de próstata duplicaranse en 2040

Un informe publicado na revista 'The Lancet' estima que en menos de dúas décadas haberá 2,9 millóns de pacientes con este tumor

Revelan o papel clave das modificacións de ARN na loita contra o cancro de próstata

Un equipo do CSIC mostra que inhibir o encima METTL1 frea o desenvolvemento do cancro de próstata e mellora a eficacia dos tratamentos oncolóxicos

Dende alzhéimer ata cancro: estes son os ensaios clínicos máis esperanzadores de 2023

A revista 'Nature' consulta a 11 expertos de diferentes áreas da medicina cales son os estudos máis prometedores do vindeiro ano

Saúde mental durante o cancro de próstata: unha prioridade esquecida no sistema sanitario

É o segundo cancro máis común nos homes e o seu diagnóstico, e tratamento, pode afectar a saúde emocional e mental.

Un estudo revela que os vexetarianos teñen un 14% menos de risco de cancro

Investigadores da Universidade de Oxford analizan a relación entre os niveis de presenza da carne na dieta e a probabilidade de desenvolver certos tumores

Uns compostos da coliflor, aliados contra os cancros de mama e próstata?

Os isoticianatos (ITCs) están presentes nas plantas crucíferas e poderían potenciar a eficacia de certos fármacos antitumorais

Científicos galegos exploran o potencial antitumoral de compostos presentes na vide

A USC e a Misión Biolóxica de Galicia colaboran nunha investigación que analiza o uso da catequina e a procianidina B2 fronte a tumores de mama e próstata

Fisioterapia fronte á incontinencia urinaria despois do cancro de próstata

Un estudo con pacientes aos que se lle extirpou este órgano realizado por investigadoras da UVigo constata os beneficios desta terapia

“En Galicia hai alto risco por cancro de próstata, pero non temos explicación”

A investigadora Beatriz Pérez, do Instituto de Salud Carlos III, é unha das autoras do estudo que analiza a distribución do risco de padecer a doenza