Martes 17 Xuño 2025

Así é o cancro de próstata con metástase nos ósos de Biden: síntomas dun tumor sen cura

Galicia notificou en 2022, último ano do que se teñen datos, máis de 2.400 casos da enfermidade que padece o expresidente dos Estados Unidos

Joe Biden ten cancro de próstata con metástase nos ósos. Así se daba a coñecer este domingo a través dun comunicado emitido pola familia do expresidente dos Estados Unidos. O tumor atópase no estadio IV, o máis avanzado, polo que non ten cura pero si tratamento. De feito, os homes cun cancro de próstata xa estendido aos ósos poden vivir cinco, sete ou dez anos máis coas terapias dispoñibles, segundo explica o doutor Judd Moul da Universidade de Duke para The New York Times. Este tumor, de crecemento lento, é o máis frecuente en homes galegos e en 2022 —últimos datos dispoñibles do Rexistro Galego de Tumores (Regat)— notificáronse 2.422 casos.

Do diagnóstico aos síntomas

O sinal de alarma de Biden, segundo trasladaron fontes do seu equipo, foron uns síntomas urinarios que o levaron a facerse máis probas. Segundo Moul, o máis probable é que durante o exame se lle detectase un nódulo na próstata, se lle fixese unha análise de sangue e, por tanto, a proba de antíxeno prostático específico (PSA). Este último test busca unha proteína que liberan as células cancerosas. De ser así, deberase facer unha resonancia magnética que, en último termo, confirmaría o diagnóstico.

Publicidade

Segundo os Institutos Nacionais de Saúde (NHS) dos Estados Unidos, hai varios sinais de alerta. Entre eles, dificultade para comezar a ouriñar; necesidade de facelo varias veces, sobre todo pola noite; complicacións para baleirar a vexiga por completo; e diminución ou interrupción do fluxo de ouriños. En caso de que se detecte nun estadio avanzado, como é o caso de Biden, hai outros sinais que deben alertar o paciente: dor de lombo, cadeira ou pelve que non desaparece; falta de aire, moito cansazo, latexos rápidos, mareo ou incluso pel pálida a causa da anemia.

Cal é o tratamento?

Segundo o doutor Moul, existen arredor de dez novos tratamentos para o cancro de próstata. A primeira actuación é interromper a produción de testosterona que alimenta o tumor a través de inxeccións ou pastillas. Nos 80 a única opción era extirpar os testículos. Amais disto, compleméntase con bloqueadores de andróxenos. “As taxas de supervivencia case se triplicaron na última década”, sinala o doutor.

Publicidade

Cando o cancro está en estadio IV e se estendeu a outras partes do corpo, como é o caso de Biden, hai varios tratamentos dispoñibles. Segundo os NHS poden funcionar as terapias hormonais combinadas con radioterapia, a quimioterapia e a observación e vixilancia activa do cancro. Malia que o máis habitual é que o tumor se disemine aos ósos, tamén pode chegar a glanglios linfáticos afastados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ter un peso adecuado pode ser máis importante que facer exercicio para evitar o risco de cancro

Un estudo da UVigo apunta a que a actividade física sería insuficiente para contrarrestar os efectos negativos de ter sobrepeso ou obesidade

Cirurxía revolucionaria en Vigo: extirpan por primeira vez no mundo un tumor de próstata cunha soa incisión

O servizo de Uroloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro aposta por unha abordaxe pouco invasiva que reduce a dor postoperatoria e o risco de infección

Resultados negativos para avanzar na ciencia: a valente aposta dunha investigadora galega

O grupo de Inmunoloxía do CINBIO leva anos estudando distintas vías para tratar o cancro de páncreas, un dos máis agresivos

Por que os virus e as bacterias poden contribuír ao cancro?

A relación entre doenzas oncolóxicas e infeccións fai aínda máis necesario aumentar e mellorar os recursos en poboacións de alto risco