Morren 27 vacas a causa dun raio nunha explotación gandeira en Rodeiro

A dona, que conducía un rabaño con 30 reses, non sufriu danos persoais aínda que si sentiu con forza a explosión

27 vacas faleceron este domingo tras o impacto dun raio nunha explotación gandeira situada en Santa Mariña de Pescoso, no concello de Rodeiro. A caída deste nun transformador eléctrico provocou a morte do 90% dos animais, segundo informou Suso Montes, presidente da cooperativa O Rodo.

A dona, que non sufriu danos persoais, conducía un rabaño de 30 reses cando ocorreron os sucesos. A muller estaba na parte de atrás e sentiu unha especie de explosión. A humidade do terreo facilitou a condución da electricidade, o que provocou que a manda morrese practicamente no acto. Aínda que este tipo de incidentes non son moi habituais, tampouco son estraños no medio rural. Con todo, é pouco frecuente que teñan consecuencias tan tráxicas. A dona dos animais tiña un seguro, polo que é probable que lle devolvan parte (aínda que non todo) das perdas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla