As ondas de calor serán moito máis intensas na península e Baleares na segunda metade do século

Un equipo da USC, da UVigo e do CSIC determina que as vagas de frío terán menor extensión espacial no período 2050-2095

As vagas de calor serán moito máis intensas e de maior extensión espacial no período 2050–2095. En concreto, prevese que o cambio medio na intensidade máxima das ondas de calor sexa do 144% con respecto ao intervalo 1971–2000. Ademais, a extensión espacial media destas vagas aumentará entre un 1% e un 2,7% por década —segundo a concentración de gases de efecto invernadoiro (RCP, polas súas siglas en inglés), 4.5 e 8.5, respectivamente—, o que amplificará significativamente o risco de incendios, a demanda enerxética e a exposición humana.

No caso das vagas de frío, tanto a intensidade como a extensión espacial diminuirán. O cambio medio na intensidade máxima será do -16% e a extensión máxima diminuirá moito máis que a extensión media, con descensos que oscilan entre -0,7% por década e -3,2% por década, o que implicará unha menor exposición. Aínda que a diminución da intensidade e da extensión espacial será considerable, o escenario RCP 8.5 rexistrará unha maior intensidade máxima das olas de frío na península ibérica e Baleares (PIB) que o escenario RCP 4.5, o que demostra que estes fenómenos seguirán existindo na segunda metade do século, mesmo cun forzamento radiactivo elevado.

Publicidade

Esta é a proxección que acaba de realizar un equipo integrado por Universidade de Santiago (USC) (Alejandro Díaz-Poso, do Departamento de Xeografía), pola Universidade de Vigo (UVigo) e pola Misión Biolóxica de Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (MBG-CSIC) nun estudo que acaba de ver a luz na revista Climate Dynamics. O traballo é a continuación das análises de intensidade e extensión espacial das ondas de calor (Lorenzo et al., 2021) e das de frío (Díaz-Poso et al., 2023) para a primeira metade de século (2021-2050) no ámbito da PIB.

Impacto na saúde

Estes eventos de temperaturas extremas pódense caracterizar por catro dimensións: frecuencia, duración, intensidade e extensión espacial, sendo estas dúas últimas dimensións menos estudadas no contexto espacial da península ibérica e das Baleares. Ambas analizáronse mediante a utilización dos índices Excess Heat Factor (EHF) e Excess Cold Factor (ECF).

Publicidade

Estes índices biometeorolóxicos incorporan directamente o aspecto da intensidade e o proceso de aclimatación do corpo humano, o que posibilita o seu uso na avaliación dos efectos das vagas na saúde a nivel da poboación. “Ademais, a súa sensibilidade respecto ás variacións locais de temperatura permite detectar condicións de vaga de calor/frío con antelación, o que converte a ambos os índices nunha ferramenta moi útil na toma de decisións en sectores como agricultura ou enerxía”, explican dende o equipo investigador.

Importantes contrastes rexionais

A investigación tamén revela importantes contrastes rexionais. No caso das ondas de calor, as maiores intensidades rexístranse na parte occidental da península e nas zonas montañosas. A metade leste da península, e concretamente a costa mediterránea, rexistrarán intensidades máis baixas. Tanto a maior tendencia como os maiores cambios porcentuais na intensidade máxima rexistraranse na rexión este e nordés peninsular, onde se alcanzarán cambios porcentuais do 300%, duplicando os cambios previstos para 2021-2050.

No caso vas vagas de frío, as maiores intensidades rexistráronse no norte e nordés da península e nas rexións montañosas, mentres que no oeste e suroeste da península así como en zonas costeiras as intensidades serán menores. A diminución da intensidade máxima das ondas de frío con respecto a 1971-2000 será menor no escenario RCP 8.5 (-10.1%) que no escenario RCP 4.5 (-21.6%) e a súa variabilidade será maior. Por outra banda, a súa extensión máxima diminuirá moito máis que a extensión media, con descensos que oscilan entre a -0,7% por década (RCP 4.5) e -3,2% por década (RCP 8.5).

O equipo investigador sinala ademais como cuestión importante que “na segunda metade de século a diferenza entre escenarios RCP 4.5 e 8.5 (menor ou maior concentración de gases de efecto invernadoiro) se acentuará”. “A intensidade máxima das ondas de calor (EHFmax) e das ondas de frío (ECFmin) no escenario RCP 8.5, de maior forzamento radiativo, será superior á rexistrada en ambos os casos para 2021-2050”, aventuran. 


Referencia: Heat and cold wave intensity and spatial extent on the Iberian Peninsula: future climate projections (2050–2095) (Publicado en Climate Dynamics)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o verán máis cálido da serie histórica

A temperatura media foi de 21,1 graos, dous máis do normal tras un xuño que bateu todos os récords e un agosto que estivo preto de facelo

Unha dorsal anticiclónica de récord trae a primeira onda de calor do ano: así afectará a Galicia

Unha masa de aire moi cálido e seco deixará temperaturas extremas na comunidade dende o sábado ata mediados da próxima semana

A Xunta activa o nivel 1 de alerta por temperaturas extremas

O concello de Ourense bate récord e rexistra 40,7 graos ás 17:40 horas

▪️ Galicia recibirá a chegada masiva do fume dos incendios nos vindeiros días

As temperaturas extremas e os fortes ventos do Este manteñen activos un centenar de focos no país veciño e arrastran o fume cara o norte da península: segundo Copernicus, a práctica totalidade da comunidade quedará cuberta o venres