Unha dorsal anticiclónica de récord trae a primeira onda de calor do ano: así afectará a Galicia

Unha masa de aire moi cálido e seco deixará temperaturas extremas na comunidade dende o sábado ata mediados da próxima semana

Chegou o verán e sentirase con forza esta fin de semana. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) vén de confirmar a primeira onda de calor do ano, que disparará os termómetros de Galicia a partir desta fin de semana. A vaga comezará este sábado 28 de xuño e durará “a lo menos, ata o martes 1 de xullo”, informan dende a Aemet. E en Galicia? Romperanse as máximas históricas que acadaron Leiro e Ourense –con máis de 40 graos–  hai menos de 10 días? “Todo apunta a que si, pero aínda é moi cedo para confirmalo, haberá que ver como evoluciona o tempo”, indican fontes de Meteogalicia.

Así, a primeira onda de calor vén dada por unha “masa de aire moi cálida e relativamente seca” procedente de África que se introducirá dende o sur pola Península, “polo que Galicia vivirá esta vaga un pouco máis tarde que o resto de territorios”. Asi o detallan dende a axencia galega. Tendo en conta que os avisos se formulan cunha marxe de 72 horas –é dicir ata tres días–, pódese comprobar que a Aemet xa rexistra alertas amarelas e laranxas para o venres nalgunhas comunidades do sur de España. No caso galego, “o máis seguro é que mañá xa se confirme algún aviso por temperaturas extremas para o sábado”, detallan dende Meteogalicia.

Publicidade

Diferencias coa vaga de calor de comezos de xuño

Deste xeito, os termómetros irán subindo progresivamente en Galicia, segundo as predicións da axencia galega. En cidades como Ourense, as temperaturas máximas pasarán dos 31 graos para este xoves aos 37 graos para o sábado. Pola contra, en Vigo pasarán de 24 graos na próxima xornada aos 28 graos durante o primeiro día da onda de calor. “As temperaturas extremas notaranse a partir do sábado nos sitios habituais máis cálidos –zona do Miño, de Ourense, Valdeorras e sur de Lugo– e estarán ao redor do 40 graos”, explica a axencia galega.

E en que se diferenciará esta ola de calor daqueles días de altas temperaturas en Galicia a comezos deste mes? “De momento non hai moita diferenza, pero haberá que ver durante cantos días continuados vamos ter estes avisos por temperaturas extremas”, aclaran dende Meteogalicia. “Da outra vez, na zona de Miño e Ourense foron tres ou catro días seguidos de alertas, desta vez, poderían ser máis, pero é moi cedo para sabelo”, matizan. Agárdase que a próxima semana tamén sexa de moita calor en Galicia, “pero aínda non se sabe se o pico vai quedar na fin de semana ou baixará un pouco ou continuará coa mesma intensidade durante o luns e martes”, engaden.

Publicidade

Gloria Montenegro
Gloria Montenegro
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Valladolid. Comezou a súa andaina profesional en Faro de Vigo e Si Radio de Galicia. A súa experiencia profesional levouna polas redaccións de Nós Diario e Metropolitano.gal, mais tamén pola comunicación de festivais como Revenidas ou de grupos como Banda Crebinsky. Sempre cunha cámara de fotografía na man, retratou artistas como Rodrigo Cuevas ou Tanxugueiras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Canto creceron as cidades galegas nos últimos 10 anos? Descúbreo neste mapa interactivo

A plataforma World Settlement Footprint Tracker sinala que tan só o 1,56% da superficie galega está ocupada por urbes ou contornas urbanas

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia

O virus da encefalite transmitida por carrachas chega a Galicia: un estudo detecta anticorpos en animais

Un equipo da USC confirma a circulación do patóxeno, considerado unha ameaza de saúde pública pola gravidade dos síntomas neurolóxicos que pode causar

Un proxecto galego producirá mexilla mellorada en criadeiro para combater a falta de semente silvestre

O sector do mexillón galego é responsable de preto da metade da produción que abastece a Unión Europea