A Xunta activa o nivel 1 de alerta por temperaturas extremas

O concello de Ourense bate récord e rexistra 40,7 graos ás 17:40 horas

O concello de Ourense bate récord e acada os 40,7 graos por primeira vez no ano. Así o rexistrou Meteogalicia ás 17:40 horas deste martes, nunha xornada marcada pola calor abafante. Leiro alcanzou os 40,3 e outra estación instalada na capital de provincia chegou aos 39,3. Salvaterra de Miño e Arnoia, con 39,2, configuran as temperaturas máis altas rexistradas nas primeiras horas da tarde. Valores extremos que levaron á Xunta de Galicia a activar a primeira hora da tarde o nivel 1 de alerta por episodio de calor; un aviso que se manterá ata o venres 20 de xuño.

Segundo informa Meteogalicia, as altas presións permanecerán estacionadas ao norte da península ibérica durante esta semana. Desde esa posición, achegarán a suficiente estabilidade para que o predominio sexa de ceo despexado. Ademais irán atraendo unha masa de aire moi cálida procedente do sur peninsular e do norte de África, o que ocasionará un importante aumento nas temperaturas.

Publicidade

Eses elevados valores ocasionarán avisos por temperaturas máximas extremas nos vindeiros días, con valores que poderán superar os 34 ou os 36 graos, quedando mesmo na contorna dos 40 en puntos de Ourense e de Pontevedra nas xornadas de martes e mércores, tal e como reflicten os datos de Leiro, Ourense, Salvaterra de Miño e Arnoia esta tarde.

Como actuar ante un golpe de calor

As altas temperaturas non afectan a poboación do mesmo xeito, polo que é importante identificar os grupos de risco e ter en conta os efectos que poden influír, como son as condicións de vida, as da vivenda ou os niveis de contaminación ambiental.

Publicidade

No caso de que se teña que asistir a alguén que padeza esgotamento ou un golpe de calor, o primeiro é solicitar axuda médica urxente chamando ao 061. Mentres chega a asistencia, pódese tentar baixar a temperatura do afectado trasladándoo á sombra ou a un lugar fresco e tranquilo, arrefriarlle o corpo, mollar con auga fresca e abanar e hidratar sempre que estea consciente, dándolle pequenos grolos de auga fresca ou bebidas minerais. Se está inconsciente, cómpre deixalo de lado coas pernas flexionadas e non ofrecerlle líquidos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o mes de outubro máis seco dende 2007

O último informe climatolóxico de MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi un 79% inferior ao habitual no período

Unha nova fronte atlántica acende a alerta por temporal marítimo na costa da Coruña

MeteoGalicia informa de que as precipitacións chegarán na xornada do martes, pero a influencia anticiclónica volverá a partir do mércores

A calor dispara a contaminación por ozono en Galicia ao seu nivel máis alto dende 2019

Un informe anual de Ecoloxistas en Acción alerta de episodios que superaron o limiar de información en Vigo e As Pontes

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica