Os sete consellos para facer fronte á calor intensa en Galicia

Comer menos cantidade pero máis veces ou beber auga sen esperar a ter sede son algunhas das recomendacións para superar as altas temperaturas

A calor intensa chegou xa a toda Galicia. Un total de 38 concellos do noroeste da provincia da Coruña están xa no nivel 2 de risco desde o pasado luns e ata o vindeiro día 18. Prevese que eses elevados valores de temperatura ocasionarán novos avisos por temperaturas extremas nos vindeiros días. Moitas comarcas de Galicia poderán superar os 36 graos, quedando preto dos 40 en puntos de Ourense durante este martes e mércores. Onte xa se viviron máximas moi elevadas, con 38,7 graos en Leiro e 37,8 Ourense, segundo MeteoGalicia. Na mañá deste martes, os termómetros xa superaron os 30 graos a partir das 11:30 da mañá en Vigo, Meis, Cotobade ou Poio.

As altas temperaturas non afectan á poboación do mesmo xeito, polo que é importante identificar os grupos de risco e ter en conta os efectos que poden influír, como son as condicións de vida, as da vivenda ou os niveis de contaminación ambiental. Os principais grupos de risco son as persoas maiores de 65 anos e nenos menores de 4, sobre todo os de menos dun ano. Tamen aquelas con diferentes patoloxías crónicas e deportistas ou profesionais que pasen moitas horas no exterior. Para todos (e, especialmente, para estes grupos), desde a Consellería de Sanidade recomendan seguir unha serie de consellos.

Publicidade

As recomendacións para superar a calor

– Beba máis líquidos sen esperar a ter sede. Sobre todo, auga e zumes de froita lixeiramente fríos, e evite bebidas quentes, alcohólicas, café, té ou cola e as moi azucradas.

– Aumente o consumo de ensaladas, verduras e froitas. Ademais, é positivo evitar comidas copiosas, e é mellor comer menos cantidade pero máis veces ao día.

Publicidade

– Manteña os alimentos no frigorífico e vixíe sempre as medidas hixiénicas.

– Use roupa de tecidos naturais, lixeira e folgada, de cores claras, sombreiro, lentes de sol e cremas protectoras solares, así como calzado fresco, cómodo e que transpire.

– Permaneza en espazos ventilados ou acondicionados e estea á sombra.

– Utilice as habitacións máis frescas da vivenda. Durante o día baixe as persianas e abra as xanelas, ábraas pola noite para ventilar. Ademais, se pode, evite as actividades ao aire libre nas horas máis calorosas e reduza a actividade física.

– Cando estacione o coche, non deixe no interior nenos, nin anciáns coas xanelas pechadas.


Segundo a información trasladada polo Ministerio de Sanidade, os concellos afectados polo nivel 2 da alerta son: Abegondo, Ares, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Cambre, Carballo, Cariño, Carral, Cedeira, Cerceda, Cerdido, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, Laxe, Laracha, A Malpica de Bergantiños, Mañón, Miño, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Oleiros, Ortigueira, Oza-Cesuras, Paderne, Ponteceso, Pontedeume, Sada, San Sadurniño, Valdoviño, Vilarmaior.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o mes de outubro máis seco dende 2007

O último informe climatolóxico de MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi un 79% inferior ao habitual no período

Unha nova fronte atlántica acende a alerta por temporal marítimo na costa da Coruña

MeteoGalicia informa de que as precipitacións chegarán na xornada do martes, pero a influencia anticiclónica volverá a partir do mércores

A calor dispara a contaminación por ozono en Galicia ao seu nivel máis alto dende 2019

Un informe anual de Ecoloxistas en Acción alerta de episodios que superaron o limiar de información en Vigo e As Pontes

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica