Galicia rexistra 2.000 raios en só 24 horas

As zonas máis afectadas polas fortes descargas eléctricas foron a provincia de Lugo, o interior da Coruña e de Pontevedra e o norte de Ourense

O domingo estivo marcado por unha forte actividade tormentosa que deixou 1.954 raios en Galicia en tan só 24 horas. Así o recollen os visores de Meteogalicia, que indican que as zonas máis afectadas —tamén polas chuvias intensas e a sarabia— foron a provincia de Lugo, o interior da Coruña e de Pontevedra e o norte de Ourense. Dende a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) sinalan que en lugares como As Pontes chegáronse a rexistrar precipitacións de carácter torrencial, con acumulados de máis de 10 l/m2 en 10 minutos.

A actividade tormentosa do domingo está a ter continuación este luns, con chuvias xeneralizadas na meirande parte de Galicia. Ceos nubrados e temperaturas que non superarán os 20 graos está a ser o escenario do arranque semanal. Non obstante, Galicia pronto recuperará a influencia do anticiclón dos Azores, dado que este luns os chuvascos serán cada vez máis febles e remitirán de cara á noite. O martes xa predominarán as altas presións mais haberá certa inestabilidade atmosférica, polo que se prevén chuvascos pola tarde en zonas de interior e temperaturas sen grandes cambios.

Publicidade

O mércores comezarase a experimentar un lixeiro aumento dos termómetros, con Ourense acadando xa os 26 graos de máxima. O xoves haberá un escenario semellante, con temperaturas máis baixas nas cidades do norte, que non acadarán os 20 graos, e máis altas no sur, con ceos máis despexados e valores que roldarán os 24 graos. A partir do venres non se prevén chuvias pero os ventos de compoñente norte provocarán temperaturas baixas para esta época do ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua