Así é o plan para crear refuxios climáticos nos concellos e loitar contra as vagas de calor

A UVigo creará unha metodoloxía que permita identificar estas zonas en cada localidade e así protexer a poboación de episodios adversos

Deseñar unha metodoloxía que permita crear mapas de calor e a localización de refuxios climáticos a nivel local para avanzar na creación de zonas verdes e elevar o benestar da cidadanía. Con este obxectivo a Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo (UVigo) veñen de firmar un acordo de colaboración coa fin de realizar este proxecto, que outorgará información e ferramentas aos concellos galegos para actuar neste eido.

Desenvolverase unha metodoloxía para que as entidades locais poidan identificar no seu ámbito de actuación cales son as illas de calor —as zonas coas temperaturas máis altas do concello—, cales os refuxios climáticos —áreas frescas, verdes e con arborado que poidan ser empregadas pola poboación en episodios de temperaturas elevadas— e cales zonas de preservación da biodiversidade, que poden coincidir co ámbito dalgún espazo definido como refuxio climático.

Publicidade

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o reitor da UVigo, Manuel Joaquín Reigosa, asinaron este venres o convenio co que se pretende desenvolver este plan de acción contra o cambio climático.  

Acoller a poboación máis vulnerable

“Contar con esta información é especialmente importante en episodios de vagas de calor como as que se rexistran no verán e que impactan na saúde das persoas”, salientou a conselleira, “especialmente naquelas que viven nas cidades polo efecto illa de calor”, o fenómeno que se produce polo efecto da radiación solar e a súa multiplicación ao impactar no asfalto e no formigón.

Publicidade

Nesta liña, a Xunta destaca a transcendencia de contar con refuxios climáticos que axuden a paliar esas situacións, ofrecendo lugares frescos e zonas de sombra para acoller a poboación máis vulnerable.

“O deseño destes refuxios climáticos precisa dun enfoque integral que teña en conta a adaptación dos ecosistemas ao cambio climático e a mellora da calidade de vida da cidadanía coa habilitación de espazos verdes saudables e funcionais”, incidiu.

Cuestión complexa

Segundo destacaron as entidades, esta cuestión resulta complexa pola necesidade de garantir a compatibilidade entre contornas urbanas e naturais que sexan sostibles e duradeiras así como beneficiosas tanto para o medio ambiente como para a cidadanía.

Por iso, a Xunta agradeceu o labor dos profesionais da UVigo que se encargarán de plasmar os coñecementos científicos e técnicos en métodos concretos cos que ofrecer solucións que redunden no benestar dos cidadáns e propicien espazos verdes saudables.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla