Galicia lanza un novo fármaco para facilitar o diagnóstico do cancro de próstata avanzado

O ano pasado a unidade distribuíu 32.500 doses doutros tipos para detectar tumores, patoloxías cardíacas e enfermidades neurodexenerativas

Galicia produce un novo radiofármaco que permitirá facilitar o diagnóstico de precisión do cancro de próstata avanzado. Durante o mes de agosto e os primeiros días de setembro xa se puideron subministrar as primeiras doses e, a finais deste mes a unidade galega estará en condicións de abastecer de xeito regular a todos os hospitais do Servizo Galego de Saúde.

As instalacións son as mesmas desde as que se elaboran e distribúen baixo demanda monodoses de radiofármacos para os oito servizos de medicina nuclear dos hospitais galegos. Ademais, tamén se xestionan os residuos que producen. A unidade foi optimizando o seu rendemento ata chegar a producir máis de 32.500 doses no pasado ano, o que supuxo distribuír de media 130 radiofármacos para diagnóstico avanzado nos hospitais galegos, segundo a Xunta.

Publicidade

A produción destes radiofármacos ten un impacto importante no sistema sanitario, posto que permite diagnósticos máis temperáns e precisos. Especialmente en pacientes con tumores, patoloxías cardíacas e enfermidades neurodexenerativas como o alzhéimer.

Unha produción centralizada

“Todo este traballo non sería posible sen o labor realizado polos técnicos e radiofarmacéuticos desta unidade”, destacou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, que anunciou a nova produción. O titular da carteira sanitaria incidiu en que contar cun centro unificado supuxo homoxeneizar a produción e multiplicar as garantías de seguridade na elaboración de compostos radioactivos que antes se producían en cada hospital, o que aumentaba a variabilidade nos procedementos.

Publicidade

Desde a Xunta destacan que ao ter unha produción centralizada, baixan os custos e garántese un acceso igualitario para todos os pacientes da rede pública de hospitais. A Unidade Central de Radiofarmacia de Galicia é o único provedor centralizado de radiofármacos convencionais para o Sergas. Esta central prepara, practicamente a medida, preto de 40 tipos diferentes, en monodoses personalizadas segundo o paciente e a patoloxía.

Na súa visita, Gómez Caamaño dixo que esta unidade erixiuse, nos seus 25 anos de historia, como un referente nacional na produción de doses de radiofármacos. Concretamente, o conselleiro destacou a súa importancia para exploracións diagnósticas e terapéuticas avanzadas e que, ademais, ten un enorme valor clínico no campo da medicina nuclear.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla