Saúde

A vacina chinesa é segura e xera anticorpos na súa fase 1

O novo fármaco da Universidade de Pequín emprega un virus atenuado do arrefriado común como vehículo para a vacina

O primeiro gran estudo sobre a cloroquina e a Covid-19 amosa unha maior mortalidade

Unha análise de case 100.000 pacientes conclúe que este fármaco e os seus derivados poden incrementar o risco de problemas cardíacos

Supercontaxiadores da Covid-19: esta é a clave que revelan científicos galegos

Un estudo analiza case 5.000 xenomas do SARS-CoV-2 e constata a relevancia das persoas que infectaron a un gran número de individuos

José Carlos Millán: “Non se prestou o debido apoio ás residencias de maiores”

O catedrático de Xeriatría da UDC dirixe o Complexo Xerontolóxico La Milagrosa da Coruña, que non rexistrou ningún caso de Covid-19 durante a crise

Por que non cadran exactamente os estudos de seroprevalencia en Galicia?

A disparidade de resultados ofrecidos pola Xunta e o Goberno español, dentro dunha circulación baixa, débese a diferenzas de metodoloxía e obxectivos

O estudo do Sergas reduce a 30.000 as persoas expostas ao coronavirus en Galicia

Os datos preliminares da primeira ondada sitúan á comarca de Valdeorras coa maior prevalencia do SARS-CoV-2, que tivo unha especial incidencia en Ourense

Non todas as personas positivas no test de anticorpos están inmunizadas

Un novo estudo revela que a inmunidade é moi baixa nos casos que tiveron un contaccto limitado co coronavirus

Un vehículo ‘feito’ en Santiago e Harvard permite rexenerar cartilaxe e músculos

Dous artigos publicados por científicos do CiMUS achegan un avance con prometedoras aplicacións nas técnicas de medicina rexenerativa

Vaite defender aquela catarreira dunha infección máis grave da Covid-19?

Varios estudos abordan a posibilidade de que a exposición previa a outros coronavirus xere protección fronte á nova doenza

O CSIC estuda as defensas dos dromedarios na busca de anticorpos contra a Covid-19

O Centro Nacional de Biotecnoloxía e a Universidade de Las Palmas estudan a produción de nanoanticorpos a partir duns compostos presentes nos camélidos

A primeira vacina experimental contra a Covid-19 xera inmunidade

A compañía Moderna anuncia que o seu novo método de inocular ARN xera unha protección tan potente como a dos pacientes que superaron a enfermidade

Que dixo a OMS do contaxio do SARS-CoV-2 mediante obxectos? Nada, segue limpando

Un documento da axencia no que se di que "non hai evidencia" de contaxios por esta vía xera confusión ao interpretar que non existe risco

A USC estuda o risco de mortalidade en relación a clima e temperaturas

Dominic Royé encabeza a investigación que compara os datos das estacións metereolóxicas cos de reanálise climática das 52 capitais de provincia

Dez claves para evitar riscos de contaxio no reencontro coa nosa xente

A primeira fin de semana que Galicia afronta na fase 1 dá pé ás primeiras reunións en grupos de ata 10 persoas e movementos pola provincia

Os expertos da Xunta alertan do turismo como principal ameaza de rebrotes

Os informes encargados ao comité de crise para establecer a data acaída das eleccións advirten do maior risco de contaxios a partir de mediados de xullo

Triaxe, temperatura e tempo: os tres ‘tes’ contra a Covid-19

A odontoloxía afronta co coronavirus un novo reto que xa viviu no pasado, con outras infeccións como o VIH ou a Hepatite C