A vacina chinesa é segura e xera anticorpos na súa fase 1

O novo fármaco da Universidade de Pequín emprega un virus atenuado do arrefriado común como vehículo para a vacina

Un equipo do Instituto de Biotecnoloxía de Pequín e da firma chinesa Cansino Biologics anunciou resultados prometedores na fase 1 da súa vacina con 108 adultos sans, tras 28 días de ensaios. Segundo os autores, a nova vacina é segura, ben tolerada e capaz de xerar anticorpos contra o SARS-CoV-2 en humanos. Os resultados finais serán avaliados en seis meses.

A carreira para lograr unha vacina contra a COVID-19 continúa a ritmo frenético. Agora é o proxecto chinés o que publicou en The lancet un estudo no que afirma lograr resultados prometedores en fase 1 con 108 adultos sans, tras 28 días de ensaios.

Publicidade

O anuncio dos investigadores chineses súmase aos realizados a semana pasada pola firma biotecnolóxica estadounidense Moderna que dixo obter datos provisionais positivos na fase 1 da súa vacina contra o coronavirus. Pola súa banda, a Universidade de Oxford informou de que a súa vacina avanzaba cara ás fases 2 e 3 e que a ía a probar en máis de 10.000 persoas incluíndo nenos e maiores de 70 anos.

Segundo sinala Wei Chen, primeira autora e líder do estudo, “estes resultados representan un fito importante. O ensaio demostra que unha soa dose da nova vacina Covid-19 vectorizada por adenovirus tipo 5 [Ad5-nCoV] produce anticorpos específicos contra o virus e células T en 14 días, o que a converte nunha posible candidata para ulteriores investigacións”.

Publicidade

A primeira vacina experimental contra a Covid-19 xera inmunidade

Con todo, a epidemióloga engade que “estes resultados deben interpretarse con cautela, xa que os desafíos no desenvolvemento dunha vacina Covid-19 non teñen precedentes, e a capacidade de desencadear esta resposta inmunitaria non indica necesariamente que vaia a protexer fronte ao coronavirus. Aínda estamos moi lonxe de que esta vacina estea dispoñible para todos”.

A nova vacina contra a Covid-19 vectorizada por Ad5 avaliada neste ensaio utiliza un virus do arrefriado común debilitado -adenovirus, que infecta doadamente ás células humanas pero é incapaz de causar enfermidades– para introducir nas células o material xenético que codifica as proteínas en forma de espícula coas que o SARS- CoV-2 entra nas células. Estas células producen despois a proteína de espícula e viaxan aos ganglios linfáticos, onde o sistema inmunintario crea anticorpos que recoñecen esa proteína e combaten o coronavirus.

No ensaio avaliouse a seguridade e a capacidade de xerar unha resposta inmunitaria de diferentes doses da nova vacina Ad5-nCoV en 108 adultos sans de entre 18 e 60 anos de idade que non estaban infectados polo SARS- CoV-2.

A creación dunha vacina eficaz considérase a solución a longo prazo para controlar a pandemia de COVID-19. Actualmente, hai máis de 100 vacinas candidatas para COVID-19 en desenvolvemento en todo o mundo.

Aquí podes ler o estudo publicado en The Lancet

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A galega Zendal completa a vacinación de máis de 7.000 bebés no ensaio da súa vacina contra a tuberculose

O proxecto internacional avaliará se MTBVAC protexe mellor fronte á enfermidade en comparanción con BCG, a única aprobada actualmente para vacinar os recentemente nados

Unha vacina contra o melanoma? Que hai realmente detrás do anuncio de Merck e Moderna

Aínda non se coñecen os resultados completos da fase III do ensaio no que participaron máis de 1.000 persoas. Por Cristina Penas Lago

Unha vacina do rotavirus na infancia podería previr cancros gastrointestinais na idade adulta

Unha investigación do IDIS formula a hipótese de que unha vacina contra a infección, que causa o 5% das mortes infantís globais, podería reducir o risco de contraer cáncer no estómago, páncreas e colon

Un consorcio internacional acelera o desenvolvemento da vacina ‘galega’ contra a tuberculose

Os 12 socios coordinados por Biofabri reciben 18,2 millóns de euros para apoiar dous ensaios clínicos en países de África Subsahariana