Saúde

Por que se dubida en dar a vacina de AstraZeneca a maiores de 65 anos?

Os datos limitados en canto á eficacia nos ensaios clínicos levan a varios países a recomendar usala en persoas máis novas

“O caos vén dos súper-contaxiadores: non dunha cepa concreta”

Os investigadores do IDIS e da USC Federico Martinón e Antonio Salas publican na revista Science unha e-Letter na que critican certas 'simplificacións'

A desinfección masiva de superficies, o gran esforzo inútil da pandemia?

A revista "Nature" advirte nun editorial do excesivo gasto destes recursos para evitar contaxios, a pesar da falta de evidencias ao respecto

Problemas no diagnóstico e na asistencia: as eivas contra o cancro en plena pandemia

A comunidade científica avoga por reforzar os recursos precisos, tanto humanos como técnicos, para garantir a atención axeitada aos pacientes

Científicos da USC analizan os niveis de alerta na primeira onda

Analizaron 250.000 casos de Covid-19 e conclúen que “o confinamento podería ter chegado tarde nalgunhas provincias e noutras podería terse acortado”

O Sergas confirma 14 casos da cepa B.1.1.7, pero secuencia menos do 2% dos casos

As limitacións para detectar as mutacións das novas variantes dificultan o coñecemento da súa proporción real no número de novos casos

Mariano Esteban: “Debemos ter as nosas propias vacinas”

O microbiólogo, formado na Universidade de Santiago, comparte con GCiencia os avances da vacina que deseña contra a Covid-19

A vacina Sputnik V demostra unha eficacia do 91,6% contra a Covid-19

A revista "The Lancet" publica un artigo no que se recollen os resultados intermedios da fase 3 de ensaios clínicos desenvolvida en Rusia

A pandemia deixou en xaneiro 400 mortos e arredor de 35.000 novos casos en Galicia

O primeiro mes de 2021, que coincidiu coa explosión da terceira onda, deixará aínda pegada nos hospitais durante varias semanas

PCR anal: o Sergas xa fai test rectais dende o principio da pandemia

Sanidade explica que estas probas son habituais tanto en persoas coas vías respiratorias moi afectadas e con algúns tipos de pacientes

Variantes do coronavirus: entre a falta de resposta e o ruído (unha vez máis)

Todos os patóxenos loitan por non desaparecer e, para iso, fanse cada vez máis hábiles para resistir a pesar dos obstáculos que atopan por...

Hospitais ao límite: a ‘curva’ que aínda tardará en baixar

A ocupación segue ascendendo, con máis de 1.300 persoas ingresadas por Covid-19, a pesar da contención do aumento de novos casos

Novavax, que producirá a súa vacina no Porriño, anuncia unha eficacia de preto do 90%

A empresa avanza resultados moi positivos fronte á variante atopada no Reino Unido, pero observa unha redución da eficacia na de Sudáfrica

Detectan en Vigo o primeiro caso en España da variante sudafricana do SARS-CoV-2

O servizo de Microbioloxía do CHUVI xa confirmara nas últimas semanas a presenza da variante atopada en Reino Unido, con maior capacidade de infección

Por que a gripe case desapareceu, pero o coronavirus segue a propagarse?

Poderían parecer semellantes, pero son virus moi diferentes: os autores enumeran oito factores que responden a pregunta que se fan moitas persoas

As augas residuais da Coruña anticipan un freo no número de portadores do SARS-CoV-2

As análises da carga viral na depuradora estiman que na área da Coruña hai arredor de 7400 persoas co virus e amosan unha estabilización da 'curva'