PCR anal: o Sergas xa fai test rectais dende o principio da pandemia

Sanidade explica que estas probas son habituais tanto en persoas coas vías respiratorias moi afectadas e con algúns tipos de pacientes

Estes últimos días, causou estupor en redes sociais que científicos chineses defendesen a realización de probas PCR por vía rectal, en lugar da máis habitual vía nasal. Pero o caso non é extraordinario e ademais resulta especialmente efectivo en situacións complicadas, como con pacientes coas vías respiratorias comprometidas, persoas en estado de alteración que impide tomar a mostra ou nalgúns nenos que non soportan a proba por vía nasofarínxea.

Aínda que as probas do coronavirus máis xeneralizadas en Galicia son sen dúbida as PCR, os test serolóxicos e os test de antíxenos, estes non son os únicos métodos para detectar a infección por Covid-19. China recoñeceu esta fin de semana que emprega cada vez máis os test rectais, un método máis fiable segundo algúns doutores pero criticado por algúns cidadáns, segundo as informacións que chegaban do xigante asiático.

Publicidade

Segúndo o doutor Li Tongzeng, do hospital You’ an de Pequín, o test anal “aumenta a taxa de detección de persoas infectadas” porque o coronavirus permanece máis tempo no ano que nas vías respiratorias. Segundo a cadea de televisión pública chinesa CCTV, os residentes de varios barrios de Pequín onde se descubriron contaxios recentemente foron sometidos a un test rectal. No país asiático, a medida tamén se está a impoñer ás persoas en corentena obrigatoria nos hoteis, incluídos os viaxeiros procedentes do estranxeiro.

Actualmente en Galicia tamén se mide o coronavirus en augas residuais, como na planta de Bens (A Coruña)

Pero esta nova non ten nada de extraordinario. Porque a técnica se emprega tamén en hospitais do Servizo Galego de Saúde (Sergas) que realiza, entre outras probas para detectar casos de Covid-19, os test por vía rectal dende o inicio da crise da pandemia.

Publicidade

En Galicia, estas probas realízanse a recentemente nados “dada a dificultade de contención da cabeza do neno e as peculiaridades da anatomía da vía aérea”, así como para pacientes “con pouca colaboración ou situacións de axitación”, especialmente con determinadas patoloxías psiquiátricas.

Sanidade puntualizou que o uso deste test por vía rectal se dá “desde o principio da pandemia, sen que existise ningún cambio de procedemento recente” en Galicia.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) realiza, entre outras probas para detectar casos de Covid-19, de xeito habitual test por vía rectal que reserva para persoas hospitalizadas graves con “alto compromiso da vía aérea”.

Ademais, o coronavirus permanece nas deposicións das persoas e pode ser rexistrado polos científicos. Así acontece co proxecto de investigación realizado pola Universidade da Coruña e que está a dar espectaculares resultados coa planta depuradora de Bens.

As augas residuais da Coruña anticipan un freo no número de portadores do SARS-CoV-2

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como se detecta o hantavirus: así funcionan as probas de laboratorio mediante PCR

As autoridades estadounidenses notifican un “positivo leve” nun dos repatriados, aínda que Sanidade sostén que non presenta sintomatoloxía concluínte

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves

A covid pode provocar placas semellantes ás do alzhéimer nos ollos

Os estudos relacionan a néboa mental tras o coronavirus e a acumulación de beta amiloides no sistema nervioso central

Madrid, Portugal e EEUU: esta é a procedencia das distintas variantes da covid en Galicia

O grupo de Filoxenómica do CINBIO, pertencente ao consorcio EPICOVIGAL, amosa nun artigo científico a orixe e introdución de alfa, delta e ómicron na comunidade galega