Problemas no diagnóstico e na asistencia: as eivas contra o cancro en plena pandemia

A comunidade científica avoga por reforzar os recursos precisos, tanto humanos como técnicos, para garantir a atención axeitada aos pacientes

Durante estes 365 días de 2021, aínda que a pandemia da Covid-19 siga estando nas conversas de case toda a sociedade, hai persoas con outras preocupacións de saúde moi serias: este ano, coma todos, arredor de 20.000 galegas e galegos recibirán a noticia de que se lles diagnosticou algún tipo de cancro, unha cifra que ascende a 280.000 no conxunto do territorio español. A investigación e a procura de novos tratamentos  conseguiron reducir nunha importante porcentaxe as cifra de mortalidade da doenza nos últimos decenios, pero aínda así segue sendo unha das meirandes causas de mortalidade. Este 4 de febreiro conmemórase o Día Mundial Contra o Cancro, para dar conta da necesidade de seguir vixiantes ante a doenza nun momento crítico para a asistencia de moitos e moitas pacientes por mor das dificultades xeradas pola Covid-19.

Segundo as estimacións de organismos como o Centro de Investigación do Cancro (CIC) de Salamanca, arredor dun 20% dos pacientes con cancro “non foron diagnosticados ou fórono de forma tardía por mor da pandemia”, o que supuxo “a reducción de un 21% e un 30% das primeiras consultas e consultas presenciais” entre marzo e xuño de 2020. Ademais reduciuse un 30% o recrutamento de pacientes para ensaios clínicos de novas terapias. “De non corrixirse esta ‘resaca’, prevese un aumento de cancros en estadios máis avanzados do habitual nos vindeiros anos”, advirte.

Publicidade

Ademais, segundo a Asociación Española de Investigación do Cancro (Aseica), que preside o galego Luis Paz Ares, a diminución das probas foi incluso meirande en técnicas como a citoloxía (55%) ou as biopsias (41%).

Máis recursos

Dos preto de 280000 novos casos de cancro que se detectarán no 2021, os máis frecuentes serán os de próstata (35.764 novos casos), colorrectal (25.678), pulmón (21.578) e vexiga (16.578). A moita distancia, séguenlles os cancros de cavidade oral e farinxe (5.725), fígado (5.039), ril (5.003), os linfomas non Hodgkin (4,897) e os cancros de páncreas (4.571) e estómago (4.506).

Publicidade

“Cunha taxa de diagnóstico menor, preocúpanos se os tumores van chegar en estadios máis avanzados, ou se van chegar”, lamenta Alvaro Rodríguez Lescure, presidente da Sociedade Española de Oncoloxía Médica (SEOM). Diante desta situación, esta e outras entidades salientan “a necesidade de destinar os recursos necesarios, tanto humanos como técnicos, tecnolóxicos e diagnósticos, para evitar atrasos de novos casos de cancro e perdas de oportunidade de curación nos pacientes con cancro”.

Do mesmo xeito, as institucións médicas insisten en transmitir á poboación a necesidade de manter hábitos saudables que implican unha redución no risco de desenvolver cancro, como poden ser o tabaco, o alcohol, a obesidade ou o sedentarismo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Galicia ampliará de xeito progresivo o cribado de cancro de mama a mulleres de entre 45 e 74 anos

Ao longo do ano 2027 serán invitadas por primeira vez a participar no programa as persoas usuarias nadas nos anos 1982 e 1977