O golfo Ártabro é o gran criadeiro de pescada da costa cantábrica

Investigadores do Instituto Oceanográfico de Vigo e do Instituto de Investigacións Mariñas vigués cartografían durante 10 anos as zonas de cría desta especie

Investigadores dos centros oceanográficos de Vigo e Santander do Instituto Español de Oceanografía (IEO), xunto a colegas do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM- CISC) e da Universidade de Valencia, publicaron un traballo no que presentan un modelo que permite definir as zonas de cría da pescada europea (Merluccius merluccius) no norte da Península Ibérica. E os resultados amosan unha interesante zona de cría desta especie, situada no golfo Ártabro.

A protección dos criadeiros de peixes demostrou ser unha ferramenta moi útil para xestionar a pesca de xeito eficiente, dado que protexer estas áreas pode contribuír a mellorar o recrutamento de especies obxectivo, ademais de identificar as áreas de cría potenciais.

Publicidade

Neste contexto, os científicos recolleron, durante máis de 10 anos, datos de capturas de recrutas de pescada (individuos que miden menos de 21 centímetros) e investigaron as relacións existentes entre a súa presenza e variables ambientais como a profundidade, a temperatura da auga ou a salinidade, para poder entender e predicir a súa distribución espacial e temporal.

Zonas de mostraxe de cría de pescada realizadas durante a investigación do IEO.

O traballo demostra que existe unha área de cría principal situada ao longo da plataforma continental do golfo Ártabro, fronte á Coruña, que se mantén no tempo. Tamén se localizaron outras áreas con grandes densidades de recrutas de pescada pero que varían cada ano en función das condicións ambientais. “En total identificamos tres áreas persistentes e tres áreas intermitentes ao longo dos anos, que coinciden parcialmente coas zonas de veda de pesca para o arrastre”, sinala Francisco Izquierdo, doutorando no Centro Oceanográfico de Vigo do IEO e primeiro autor do artigo.

Publicidade

“Estes resultados demostran a importancia do modelado espazo-temporal dinámico proposto, dado que o efecto das condicións ambientais ao longo do tempo pode variar a distribución, forma e abundancia dos criadeiros de pescada”, engade o científico.

O traballo, conclúe Izquierdo, “pode contribuír a mellorar a ordenación pesqueira desde varios puntos de vista: en primeiro lugar mellorando o coñecemento da distribución espacial e temporal dos recrutas de pescada no norte da península ibérica, en segundo lugar, axudando a definir áreas potenciais de veda de pesca e, en terceiro lugar, obtendo unha mellora nos índices de abundancia nos modelos de avaliación das especies como a pescada”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

As microfibras son o principal microplástico detectado en bivalvos mariños

Un estudo do IEO de Vigo sinala que as febras azuis son as máis frecuentes e alerta de que as de celulosa rexenerada poden ter riscos comparables aos das sintéticas

Detectan en Galicia dous novos rexistros de peixe bóla asociados á tropicalización do océano

Un estudo liderado polo Centro Oceanográfico de Vigo confirma a aparición de dúas especies pouco frecuentes nas augas do sur galego

Un estudo asocia o aumento da temperatura do mar coa expansión cara ao norte da desova da xarda

A investigación ofrece unha base científica para mellorar a avaliación das poboacións, identificar hábitats esenciais e tomar decisións na xestión pesqueira