Detectan en Vigo o primeiro caso en España da variante sudafricana do SARS-CoV-2

O servizo de Microbioloxía do CHUVI xa confirmara nas últimas semanas a presenza da variante atopada en Reino Unido, con maior capacidade de infección

A Consellería de Sanidade informou este xoves de que o pasado 5 de xaneiro se detectou en Galicia a coñecida como variante sudafricana do SARS-CoV-2 (B.1.351) nun varón de 30 anos da área sanitaria de Vigo, que á volta dunha viaxe a Sudáfrica por motivos laborais manifestou síntomas compatibles co virus. A análise xenómica realizada nos laboratorios de Microbioloxía do CHUVI confirmaron que a infección estaba producida por esta variante do virus, sendo o primeiro caso que se confirma en España, como xa avanzara a pasada semana Faro de Vigo.

Os servizos de Medicina Preventiva e Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, como o resto das áreas sanitarias de Galicia, está a traballar na detección desta variante e a outra que se detectou en decembro en Reino Unido (B.1.1.7) da que en Galicia se confirmaron ata o momento preto dunha decena de casos. Ata o momento trátase de casos importados, pero non se descarta que a variante estea transmitíndose en cadeas locais, fóra da capacidade de detección dos laboratorios.

Publicidade

Un proceso complexo

As técnicas habituais de diagnóstico do SARS-CoV-2 que se fan á poboación na actualidade, como son as probas PCR, non detectan polo xeral as posibles mutacións no código xenético que se corresponden coas variantes británica ou sudafricana.

No caso das análises realizadas no hospital de Vigo foi preciso realizar a secuenciación xenética completa do virus, unha técnica de elevado nivel de especialización na que é necesario empregar 4 días para a obtención de resultados. Na actualidade, o Chuvi conta con capacidade para secuenciar 36 mostras semanais, segundo expón Sanidade.

Publicidade

Segundo explicou ao Sergas o xefe do servizo de Microbioloxía, Benito Regueiro, o achado “contribuirá a unha correcta identificación e mellor control epidemiolóxico, xa que nos ten descuberto as súas vías de entrada en Galicia; será necesario realizar unha vixilancia especial nos portos e na chegada de viaxeiros a través das nosas fronteiras”, destaca.

A variante B.1.351

A variante foi detectada en Sudáfrica o 18 de decembro de 2020. Ten unha mutación semellante á variante atopada no Reino Unido (B.1.1.7), que se relaciounou cunha maior capacidade de infección ao facilitar a entrada do virus nas células. Desde a súa aparición foi desplazando ao resto de variantes presentes no país sudafricano, como acontece coa variante atopada no Reino Unido. Co caso de Vigo, España súmase así a outros países europeos como Alemaña, Irlanda, Francia ou Reino Unido, onde tamén se constatou a presenza da variante sudafricana.

No caso da variante británica, a preocupación é crecente, segundo o último informe do Ministerio de Sanidad. Xa se produciu transmisión secundaria, e é de agardar que nas vindeiras semanas esta variante se impoña ás outras circulantes no territorio esttal. Por agora non se puido establecer un vínculo directo entre o aumento de casos da terceira onda, desde finais de decembro, e a presenza da B.1.1.7 ou  B.1.351, pero a súa maior capacidade para transmitirse apunta a esta posibilidade. Este xoves, o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias (CCAES), Fernando Simón, avanzou que a B.1.1.7 está incrementando a súa presenza, especialmente nalgunhas comunidades autónomas, onde “podería estar por riba do 20%”, pero no conxunto estatal o porcentaxe de estimación é de entre o 5 e o 8%.

Diante deste aumento de casos, o Ministerio estableceu a recomendación de incrementar o esforzo para diagnosticar de forma precoz a variante en grupos diana a través da secuenciación xenómica, para determinar a incidencia na poboación e restrinxir as viaxes ás zonas cunha afectación importante.


Máis información: (PDF)Circulación de VOC B.1.1.7 y otras variantes de SARS-CoV-2 de interés para la salud pública en España. Evaluación rápida de riesgo. Actualización 26.01.2021 (Ministerio de Sanidad)

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Luis Enjuanes, virólogo: “Hai que estar moi alerta, a polio está emerxendo polas guerras”

O experto en coronavirus participa no Congreso Nacional de Viroloxía que se está a celebrar esta semana en Santiago

Máis alá do mpox: as cinco emerxencias sanitarias do século XX que viviu Galicia

A sociedade leva miles de anos enfrontándose aos microorganismos e ás enfermidades infecciosas como a varíola ou a poliomielite

Novos antibióticos: tres boas noticias na guerra contras as superbacterias

A zosurabalpina, a lolamicina e Emblaveo convértense nos futuros fármacos que poderán facer frente a estas especies

Gripe H5N1: a próxima pandemia?

Unha variante do virus, presente dende 2020, está a causar mortalidades nunca vistas en aves, tanto domésticas como silvestres
93040