Científicos da USC analizan os niveis de alerta na primeira onda

Analizaron 250.000 casos de Covid-19 e conclúen que “o confinamento podería ter chegado tarde nalgunhas provincias e noutras podería terse acortado”

O réxime de confinamento vivido en España durante a primeira vaga de contaxios por mor da Covid-19 chegou demasiado tarde nalgunhas provincias, ao tempo que podería terse acurtado noutras. Esa é unha das conclusións que acaban de obter científicos da USC logo de fixar niveis de alerta epidemiolóxica en base á análise dos 250.000 casos de COVID-19 diagnosticados entre febreiro e xuño de 2020. O estudo que acaba de ser publicado na revista Archivos de Bronconeumología, revista da Sociedade Española de Neumoloxía, está asinado polos profesores da USC Alberto Ruano Raviña e Mónica Pérez-Rios, xunto con Mª Isolina Santiago Pérez da Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia e Mª Esther López Vizcaíno do Instituto Galego de Estatística.

“O estudo que acaba de ver a luz establece niveis de alerta en función da taxa de incidencia a sete días cunha moi boa capacidade de discriminación da evolución dos casos por provincia”, apuntan os investigadores. Estes niveis son capaces de predicir a maior ou menor diseminación da Covid-19 en función de dúas compoñentes principais que consideran, por unha banda, a tendencia global da incidencia acumulada e, por outra, a velocidade de crecemento ou decrecemento de dita incidencia no período analizado.

Publicidade

O estudo clasificou todas as provincias españolas en tres grupos: provincias con mala evolución (10 provincias), evolución intermedia (17 provincias) e boa evolución (25 provincias) cunha grande exactitude para o período analizado. O estudo propón niveis de alerta epidemiolóxica con taxas de incidencia a sete días que permiten clasificar as provincias coma de risco intermedio (134 casos por 100.000) e de risco alto (167 casos por 100.000). Os autores da investigación destacan que estas taxas son máis conservadoras das que se manexan na actualidade, pero tamén subliñan que estes resultados non son aplicábeis á situación actual da pandemia en España.

Distribución xeográfica

“As provincias de mellor evolución concéntranse no sueste da península (Andalucía, Murcia,  a Comunidade Valenciana, ademais de Badaxoz e Tarragona) e no noroeste (Galicia –excepto Ourense– Asturias, Zamora, ademais de Navarra), e as de peor evolución forman un arco dende Salamanca a Araba pasando por Madrid, ademais de Cuenca, Albacete e  Cidade Real”, explican os investigadores.

Publicidade

“A metodoloxía proposta podería ser útil para outros países, aínda que previamente sería necesario facer estudos similares para comprobar a súa utilidade e se se mantén o grao de discriminación”, apuntan. “Que saibamos, este é o primeiro estudo que aplica esta metodoloxía para predicir o comportamento da pandemia baseado na incidencia da enfermidade”, conclúen.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Badiola: “Hai unha probabilidade moi alta de que a nova gran pandemia teña orixe animal”

O doutor especialista en sanidade animal, sobre a gripe aviaria: “O risco para a cidadanía é extremadamente baixo, pero non completamente inexistente”

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves

Un estudo da USC alerta dun aumento do consumo de opioides e cánnabis

O informe, dirixido pola profesora de Medicina Preventiva e Saúde Pública, Mónica Pérez Ríos, pon tamén o foco no auxe das bebidas enerxéticas e do cigarro electrónico

Un investigador galego explora novas vías para frear futuras pandemias

O científico da USC José Manuel Miranda López participou nun estudo que obtivo resultados moi prometedores, sobre todo para o SARS-CoV-2