Localizan a primeira poboación invernante de miñato real en Galicia

A Sociedade Galega de Ornitoloxía atopa 136 exemplares repartidos en 3 durmidoiros: 1 en Lugo e 2 en Ourense

A Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) anunciou hoxe o que consideran “a nova ornitolóxica do ano”: a localización da primeira poboación invernante de miñato real en Galicia. Concretamente, estas aves rapaces foron localizadas en Lugo. 

A SGO está a colaborar co proxecto Life Eurokite, que ten como idea central o emprego da tecnoloxía de telemetría para identificar o uso do hábitat espacial das especies obxectivo e cuantificar as razóns crave da mortalidade das especies de aves rapaces na Unión Europea.

Publicidade

O proxecto ten entre as súas especies obxectivo ao miñato real (Milvus milvus), considerada prioridade de conservación particular da UE, xa que o 95% da poboación reprodutora mundial atópase dentro do seu territorio. “A presencia desta especie en Galicia ata agora era anecdótica e básicamente concentrada durante o paso migratorio outonal”, explican na SGO.

“Nos últimos anos os avistamentos da especie foron medrando e detectáronse varios durmidoiros invernais da especie no noso territorio, sendo un deles empregado por un dos exemplares marcados con GPS dentro do proxecto Eurokite“, aseguran.

Publicidade

A colaboración da SGO consistirá nos seguintes 7 anos no seguimento deste exemplar e deste durmidoiro situado na provincia de Lugo. Igualmente se incorporará a este seguimento un segundo durmidoiro localizado na  provincia de Ourense.

O censo realizado no inverno deparou importantes sorpresas en Galicia

A SGO participou no censo simultáneo de miñato real realizado como parte do proxecto Life Eurokite o pasado mes de xaneiro. Censáronse un mínimo de 136 exemplares repartidos en 3 durmidoiros: 1 en Lugo e 2 en Ourense. Ademais visitáronse algunhas zonas do norte de Pontevedra donde o pasado outono houbo avistamentos repetidos da especie, pero non se detectou a súa presenza.

A maior parte dos exemplares foron detectados na provincia de Lugo, contándose 106 millafres no único durmidoiro atopado no censo e ao que está asociado un exemplar marcado no proxecto Life Eurokite. Precisamente, este programa europeo tenta avaliar e limitar os danos que infraestruturas como por exemplo os parques eólicos poden provocar nas aves en Europa.

“Estes resultados achegan datos de magnitude descoñecida ata agora en Galicia, onde o millafre real non era habitual no período invernal”, explican dende a Sociedade Galega de Ornitoloxía. Esta colonización pode estar relacionada co incremento que a especie está a mostrar, dende a década pasada, no resto de territorios da cornixa cantábrica. Esta incipiente poboación invernante en Galicia pode verse afectada pola proliferación actual de proxectos eólicos no noso territorio.

Dende a SGO enviarán información detallada dos resultados á Dirección Xeral de Patrimonio Natural para que tomen as medidas oportunas para minimizar os efectos sobre a especie. Cabe recordar que o miñato real (tamén coñecido como millafre real)está incluído no catálogo galego de especies ameazadas na categoría de en perigo de extinción ao igual que a poboación reprodutora a nivel estatal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A USC deseña un sistema pioneiro de monitorización da humidade en cultivos de mosca soldado negra

O proxecto desenvolve un modelo que permita aumentar a produción de proteínas, graxas e fertilizante de forma máis eficiente e sostible

Científicos galegos lideran o primeiro estudo español para predicir risco personalizado de cancro de mama

O proxecto MamoRisk recabará datos de 10.000 mulleres seleccionadas aleatoriamente entre participantes nos programas de cribado de 14 comunidades autónomas

Que é o verme soldado? A gran praga que ameaza os cultivos de millo en Galicia

A Consellería do Medio Rural advirte a agricultores e gandeiros sobre o risco das plantacións en concellos como Mazaricos e A Baña

O método REPAG: como transformar os subprodutos de pataca nas proteínas alimentarias do futuro

O Centro Tecnolóxico galego desenvolve un proceso sostible e innovador para converter restos do procesado industrial en ingredientes de alto valor engadido para consumo humano