Saúde

Un estudo galego atopa unha prometedora vía para predicir a evolución do cancro oral

O investigador da Universidade de Santiago Samuel Rodríguez Zorrilla emprega vesículas extracelulares para prognosticar o progreso dos pacientes de carcinoma e a súa supervivencia despois dunha cirurxía

O sistema de IA galego que axuda a predicir a apnea do sono

Unha ferramenta pioneira desenvolvida entre enxeñeiros e médicos mellora o diagnóstico e optimiza o tratamento de patoloxías respiratorias

Alerta pola explosión de ITS en Galicia: os casos de sífilis duplicáronse en sete anos

O último informe do Instituto de Saúde Carlos III advirte dunha tendencia crecente da gonorrea e da clamidia, sobre todo na xente nova

O informe de Sonia Villapol sobre Altri: “Os contaminantes chegarán a máis de 100 kms”

A neurocientífica galega explica que os tóxicos que emitirá a macrocelulosa poderán aumentar o risco de enfermidades respiratorias, cardiovasculares e neurolóxicas

Diagnóstico exprés da endometriose con biosensores: un proxecto con pegada galega

O grupo NanoSelf da UDC participa nun proxecto internacional para identificar a patoloxía mediante mostras de fluxo menstrual

Descuberto un novo virus en China transmitido por carrachas

A especie que transmite o patóxeno, parente próximo da febre hemorráxica de Crimea-Congo, está presente en Europa e Asia

Un estudo da USC conclúe que prohibir o tabaco entre os mozos evitaría un millón de mortes

Un escenario no que os nados entre 2006 e 2010 non puidesen fumar previría falecementos por cancro de pulmón en 185 países

As claves de Cobenfy, o fármaco que emprega unha nova vía para tratar a esquizofrenia

Ao evitar o bloqueo da dopamina e centrarse noutro neurotransmisor, o tratamento elimina os efectos secundarios das terapias máis clásicas

Estes 10 alimentos poden prexudicar o teu corazón

O colesterol elevado, a presión arterial alta, a diabetes ou o sedentarismo son os principais factores de risco para as enfermidades cardiovasculares, que representan a segunda causa de morte en España

É certo que está a aumentar o consumo de cocaína en Santiago?

Un informe europeo apunta ao maior aumento dende 2011 pero dende a USC aseguran que a tendencia se mantén estable dende o 2020

Ata 707 mortes atribuídas á calor en Galicia este verán: as causas dunha tendencia en aumento

Os datos publicados pola Fundación para a Investigación do Clima amosan un ascenso pronunciado na cifra de falecidos debido á exposición prolongada ás altas temperaturas

Xavier Montalbán: “O virus de Epstein-Barr é unha condición sine qua non para padecer esclerose múltiple”

O neurólogo é recoñecido polas súas aportacións nos últimos avances na mellora do prognóstico e tratamento da enfermidade

Luis Enjuanes, virólogo: “Hai que estar moi alerta, a polio está emerxendo polas guerras”

O experto en coronavirus participa no Congreso Nacional de Viroloxía que se está a celebrar esta semana en Santiago

Cinco mortes en Sevilla pola febre do Nilo que transmite o mosquito común: cal é o risco en Galicia?

Un recente gromo en Andalucía e Estremadura pon o foco das autoridades no Culex pipiens, asentado en todo o territorio peninsular, e a súa capacidade como vector transmisor de enfermidades

Catro pasos a seguir ante a picadura dunha medusa

A Consellería de Sanidade ofrece unha lista de recomendacións ante a deteccións de carabelas portuguesas nos areais galegos

Estas son as luces e sombras do xaxún

Un estudo do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts apunta a que esta abstinencia axuda ás células nai intestinais a rexenerarse e curar lesións, pero tamén aumenta o risco de cancro en ratos