Domingo 13 Outubro 2024

Galicia rexistra a maior subida de casos nun día: 285 máis

O Sergas confirma que xa son 1.170 as persoas afectadas por SARS-CoV-2, das que máis de 300 están en unidades de hospitalización e UCI

(en ampliación – 14.00 horas) – Os casos de coronavirus SARS-CoV-2 en Galicia superaron este luns a barreira dos 1.100 positivos confirmados, cun importante salto respecto aos datos do domingo. Son 1.170 pacientes contabilizados, o que supón a maior subida (285 máis) nun día desde o comezo da crise. Galicia, unha das últimas comunidades autónomas en rexistrar casos e focos da doenza, viu como se duplicaban desde o venres os positivos, que o día 20 eran 567. Os maiores aumentos producíronse nas áreas sanitarias de Vigo e Ourense-Verín-O Barco (con decenas de persoas afectadas en residencias de maiores) onde os casos medraron máis dun 80% desde o sábado. Porén, tamén houbo noticias positivas, xa que o home de 49 anos considerado como o primeiro caso de Covid-19 en Galicia, e que está ingresado no hospital da Coruña, abandonou a UCI, e ademais, rexistráronse 19 altas.


Por outra banda, a Dirección Xeral de Saúde Pública informou tamén dun novo falecemento, o dun home de 81 anos que estaba ingresado no hospital universitario de Lugo. Con esta, son xa 19 as persoas que morreron en Galicia debido a infección polo novo coronavirus; 10 delas, desde o sábado. Do mesmo xeito que en España, preto do 90% dos óbitos rexistrados nos hospitais galegos corresponden a persoas maiores de 70 anos, cuxa taxa de letalidade está sendo maior.

Publicidade

O coronavirus en España, ao detalle: o 87% dos falecidos, maior de 70 anos

Así, segundo os datos deste luns, 298 das persoas están sendo atendidas na área sanitaria da Coruña-Cee, 62 na de Lugo-A Mariña-Monforte, 142 na de Ourense-Verín-O Barco, 164 son da de Pontevedra-O Salnés, 278 da área de Vigo, 189 da de Santiago-Barbanza, e 37 da de Ferrol. Do total de pacientes, 46 (o 3,9%) permanecen en UCI, 270 (22,88%) están en unidades de hospitalización e 854 (0 72,37%) no domicilio. Estas cifras casan cos datos achegados sobre Galicia do Ministerio de Sanidad, que contabiliza 1.208 casos (os 1.170 activos, 19 falecementos e 19 altas). Ata o momento fixéronse, segundo Sanidade, realizáronse desde o comezo da crise 5.945 probas PCR en Galicia. Na súa comparecencia do mediodía do luns, o ministro de Sanidad, Salvador Illa, informou de que se estaban facendo entre 15.000 e 20.000 probas en España cada día.

Deste xeito, as persoas ingresadas por coronavirus na UCI en Galicia ocupan xa o 16,8% das camas totais de coidados intensivos, toda vez que a Xunta anunciou o pasado venres o aumento destas camas de 160 ata 274. A situación é máis complicada noutras partes de España, especialmente en Madrid, onde algúns hospitais están ao límite da súa capacidade.

Publicidade

No que atinxe a España, este luns superáronse os 2.100 falecementos pola pandemia, mentres que xa son 3.355 as persoas que recibiron a alta. O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, informou na súa comparecencia do luns de que a cifra medrou nun 14% respecto ao domingo, con 4.157 casos máis. Arredor do 10% do total dos casos, segundo Simón, afectan a persoal sanitario.

Portugal duplica os casos desde o venres

Pola súa parte, Portugal supera xa os 2.000 casos confirmados e rexistráronse 24 óbitos. A cifra de positivos duplicouse desde o venres, cando eran 1.020 as persoas afectadas. 14 persoas están xa recuperadas, 201 están en unidades de hospitalización e 47 na UCI. O país veciño rexistrou tamén este luns o maior incremento de casos confirmados, con 460. Gran parte dos casos (93%) proceden de transmisión comunitaria. Alén disto, a Direção-Geral da Saúde Pública apunta a máis de 13.000 casos sospeitosos desde xaneiro.

Fonte: Direção-Geral da Saúde Pública.
Fonte: Direção-Geral da Saúde Pública.

A nivel mundial, os Estados Unidos, cun notorio aumento de casos confirmados nos últimos días, xa supera a España como terceiro país con máis persoas afectadas, despois de Italia e China. Aquí podes consultar nesta táboa (en inglés) da plataforma de visualización de datos Datawrapper.


Máis información:

España supera a cifra dos 2.100 falecidos polo coronavirus

Así son as probas actuais para detectar o SARS-Cov-2

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Luis Enjuanes, virólogo: “Hai que estar moi alerta, a polio está emerxendo polas guerras”

O experto en coronavirus participa no Congreso Nacional de Viroloxía que se está a celebrar esta semana en Santiago

Máis alá do mpox: as cinco emerxencias sanitarias do século XX que viviu Galicia

A sociedade leva miles de anos enfrontándose aos microorganismos e ás enfermidades infecciosas como a varíola ou a poliomielite

A UDC detecta a presenza dunha alga invasora nas rías da Coruña e Vigo

O persoal investigador de BioCost e BioAplic identificou en Galicia á 'Rugulopteryx okamurae', unha especie que xa está a causar problemas no sur da península

O CSIC localiza na provincia da Coruña 180 posibles sitios arqueolóxicos

Grazas ás tarefas do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), estes achados serán incluídos eventualmente no inventario arqueolóxico de Galicia