Venres 26 Abril 2024

España supera a cifra dos 2.100 falecidos polo coronavirus

O número de sanitarios contaxiados por SARS-Cov-2 en España é xa de 3.190

España superou a cifra das 2.100 personas falecidas pola pandemia do coronavirus e 2.355 afectados están nas unidades de coidados intensivos.

O número de falecidos elévase a 2.182 persoas e máis de 33.000 están contaxiados de coronavirus, segundo os últimos datos do Ministerio de Sanidade, que apuntan que hai 2.355 persoas na UCI e 3.355 recibiron o alta.

Publicidade

Curva de evolución do coronavirus en España. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Fernando Simón informou de que o número de sanitarios contaxiados por coronavirus en España é xa de 3.190. Na rolda de prensa posterior á reunión do Comité da crise polo coronavirus, Simón confirmou que o número de contaxiados representa un 14% máis dende este domingo, con 4.157 casos máis.

O coronavirus en España, ao detalle: o 87% dos falecidos, maior de 70 anos

Ademais, Simón confirmou que os máis afectados son as persoas maiores, os enfermos crónicos, como os diabéticos ou as persoas con problemas respiratorios.

Esta semana, segunda de confinamento para o país, empézanse a repartir entre as comunidades autónomas as 640.000 probas rápidas para detectar a infección por coronavirus compradas en China e Corea do Sur. O Executivo prevé alongar o estado de alarma ata o 11 de abril, unha medida que ten que aprobar o Congreso. En todo o mundo máis de 341.000 persoas contaxiáronse, morreron máis de 14.700 e recuperáronse case 100.000, segundo o balance global actualizado este luns pola Universidade Johns Hopkins.

Mapa de incidencia do coronavirus en España por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gripe H5N1: a próxima pandemia?

Unha variante do virus, presente dende 2020, está a causar mortalidades nunca vistas en aves, tanto domésticas como silvestres

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais