Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Ascenden a 57 o número de vítimas por gripe en Galicia desde o inicio da tempada. O último informe publicado polo Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas confirma a tendencia descendente das infeccións en Galicia. Na segunda semana do ano, a que rematou o 14 de xaneiro, notificouse o ingreso de 284 persoas con gripe confirmada, un 33% menos que os da semana previa é unha gran baixada con respecto ao pico alcanzado na última semana do ano pasado, cando o número de ingresados batía récords con respecto ás tempadas anteriores. Con todo, aínda que o número de vítimas mantíñase en 23 dende o 31 de decembro, nos últimos días rexistrouse o falecemento de 34 persoas, que elevan a 57 o total desde outubro.

A taxa de consulta na atención primaria tamén decae con respecto á semana anterior. Neste sentido, rexistrouse un baixada do 26% para o conxunto da comunidade e en particular para cada provincia. Este dato faise extensible a todos os grupos de idade agás no grupo de idade de 5 a 19 no que a taxa de consulta aumentou un 17 % con respecto á primeira semana do ano. En relación co número de ingresos en UCI esta semana fixéronno 154 doentes.

Publicidade

A gripe foi, de momento, o virus respiratorio con maior incidencia. Con todo, fanse seguimentos dos outros virus respiratorios que circulan esta tempada. A día de hoxe hai 689 pacientes con infección activa e 44 hospitalizacións. Tamén tense en conta o virus respiratorio sincitial (VRS) que se suma aos virus respiratorio que circulan nesta tempada de inverno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sanidade rexistra un aumento na incidencia da gripe e a covid

As taxas de dispensación de antigripais e probas de antíxenos aumentaron un 24,5 % e un 88,9 %, respectivamente, en comparación coa semana anterior

Vacinas nasais: unha nova e prometedora vía para frear a transmisión dos virus respiratorios

A modalidade xera unha defensa intensa nas vías respiratorias superiores ao administrarse o aerosol ou as gotas directamente sobre a mucosa do nariz

Galicia amplía a cobertura da vacina reforzada contra a gripe e adianta a do sarampelo aos dous anos

A inmunización contra o virus respiratorio comezará a administrarse na próxima campaña á poboación xeral de entre 65 e 69 anos

Galicia introduce unha vacina de reforzo contra a meninxite B aos 12 anos

O Sergas aplicará unha dose única aos nenos con pauta completa e dúas aos que non a teñan, aínda sen definir a data de inicio da medida