Máis de 40 casos de coronavirus en residencias de maiores en Galicia

O foco do centro de San Carlos, en Celanova, rexistra xa un falecemento e preto dunha trintena de afectados desde metade da semana

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, confirmou este domingo que xa son 44 os casos de coronavirus confirmados en residencias de maiores de Galicia. Desde o coñecemento dos primeiros focos a mediados desta semana, son alomenos catro os centros afectados polo SARS-CoV-2, en Caldas de Reis, Santiago, Vigo e Celanova.

Nesta vila ourensá, preocupa o foco da residencia de San Carlos. Unha das usuarias, unha muller de 93 anos, faleceu este venres no hospital de Ourense. Hai outras 24 persoas afectadas (12 usuarias e 12 traballadoras do centro). Segundo recolle eldiario.es, a residenci de maiores de San Carlos ten 58 prazas, das que 12 son concertadas.

Publicidade

O pasado venres, a Consellería de Política Social xa confirmara que había positivos en residencias de Caldas de Reis (un), e nos centros da rede DomusVi de San Lázaro (Santiago) e Barreiro (Vigo). Este domingo, as cifras nestes dous últimos centros xa ascenderon a alomenos 5 en Santiago e 11 en Vigo. En Santiago illouse unha das plantas con 60 usuarios, que segundo a consellería non tiñan síntomas da Covid-19.

A primeira hora da tarde, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, confirmou que se ían intervir as residencias de maiores que estiveran nunha situación complicada para frear a escalada de contaxios.

Publicidade

 

Protestas por falta de material

Ante os primeiros casos da doenza nas residencias, o sindicato CIG denunciou a “falta de medidas preventivas” e de material fronte ao virus entre o persoal destas residencias. Outros colectivos reclamaron tamén, segundo recolleu Praza, máis medidas de protección ante a rotación de traballadoras entre residencias.

No marco destas eivas, A Xunta de Galicia remitiuse de novo este domingo a que esta “á espera de recibir o material de protección que anunciara o Ministerio de Sanidad para poder comezar a distribuílo con carácter prioritario a hospitais, centros de saúde e residencias sociosanitarias”.

Os focos nas residencias de maiores son, ata o momento, un dos puntos máis complicados da crise do coronavirus en España. Aínda que as cifras son provisionais e as autoridades sanitarias non facilitaron datos, estímase que máis de 100 usuarios destes centros faleceron debido ao contaxio pola Covid-19.

Os grupos de risco son unha das preocupacións das autoridades sanitarias pola maior letalidade do coronavirus debido ás patoloxías que poden complicar a evolución da doenza. Un dos focos máis importantes ata o momento tivo lugar en Aspronaga, entidade de atención a persoas con discapacidade intelectual que está situado en Oleiros. Un dos seus usuarios, que padecía de doenzas anteriores, faleceu no hospital da Coruña o 13 de marzo despois de ser diagnosticado co SARS-CoV-2.


Máis información:

Galicia achégase aos 600 casos de Covid-19 e soben a nove os falecementos

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves

A covid pode provocar placas semellantes ás do alzhéimer nos ollos

Os estudos relacionan a néboa mental tras o coronavirus e a acumulación de beta amiloides no sistema nervioso central

Madrid, Portugal e EEUU: esta é a procedencia das distintas variantes da covid en Galicia

O grupo de Filoxenómica do CINBIO, pertencente ao consorcio EPICOVIGAL, amosa nun artigo científico a orixe e introdución de alfa, delta e ómicron na comunidade galega

Gripe aviaria, mpox, chikungunya… Cal será a próxima pandemia?

O epidemiológo Juan Gestal analiza as posibles ameazas para a saúde pública cinco anos despois do estoupido da covid