Seis destinos Starlight en Galicia onde ver a eclipse de agosto na súa totalidade

O fenómeno astronómico ocorrerá o 12 de agosto a última hora da tarde e a comunidade galega será un dos mellores lugares do mundo para observalo

O 12 de agosto está marcado no calendario como unha data científica imprescindible. Unha eclipse solar total está a producir expectación e unha boa parte de Galicia será un dos mellores lugares do mundo para observala. De feito, en seis dos nove destinos Starlight da comunidade poderá verse na súa totalidade: Chantada, Muras, Trevinca, Ancares, Mariñas Coruñesas e nunha parte da Costa da Morte. Nos outros tres —Illas Atlánticas, Lalín e Fornelos de Montes e Oia— observarase de xeito parcial.

Así o concretou o director de Turismo, Xosé Merelles, tras reunirse cos responsables dos nove destinos Starlight. No encontro puxo á súa disposición un espazo web centrado na eclipse que recompila información turística vinculada ao fenómeno astronómico. A páxina irá incorporando novos datos conforme se achegue o 12 de agosto.

Publicidade

Impacto no turismo

Merelles destacou as previsións de reservas de ocupación que baralla o Cluster de Turismo de Galicia que apuntan a un incremento significativo de visitantes internacionais e que fixeron que “moitas empresas receptivas leven tempo traballando”. “A coincidencia coa primeira quincena de agosto fai prever niveis de ocupación superiores ao 90% e 95%”, salientou. 

Finalmente, o director de Turismo de Galicia lembrou que, co obxectivo de garantir unha observación segura e ordenada, a Xunta de Galicia constituíu unha comisión interdepartamental na que participan representantes das consellerías de Presidencia, Xustiza e Deportes; Medio Ambiente e Cambio Climático; Sanidade; Educación, Ciencia, Universidades e FP; así como Turismo de Galicia.

Publicidade

O traballo conxunto realizado permitirá anticipar e coordinar actuacións en materia de mobilidade, prevención de riscos, seguridade, protección civil e divulgación científica, entre outros ámbitos. Xosé Merelles subliñou que “a colaboración entre administracións será fundamental”.

Visible desde catro países

A eclipse terá lugar o vindeiro 12 de agosto e a fase de totalidade —momento no que a lúa oculta completamente o sol— só será visible desde catro países, entre eles España. Trátase dun fenómeno que non se produce na Península desde 1912, hai máis de 110 anos, e que non volverá repetirse con carácter total ata o ano 2180.

A franxa de totalidade atravesará o territorio galego desde Estaca de Bares, en Mañón, ata a comarca de Valdeorras, limítrofe con Castela e León, percorrendo áreas das catro provincias. En total, 143 concellos galegos —o 45,6% do total— situaranse na zona de observación privilexiada, abarcando o norte da provincia da Coruña, a práctica totalidade da provincia de Lugo, o nordeste da provincia de Ourense e áreas do interior de Pontevedra. No resto do territorio a eclipse poderá observarse de maneira parcial.

Segundo as previsións, o fenómeno comezará arredor das 19:31 horas e prolongarase ata as 21:23 horas, acadando o seu momento de máxima escuridade entre as 20:28 e as 20:30 horas, en función da localización.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Betanzos rende homenaxe ao seu pasado como capital galega do lúpulo

A segunda edición da festa, impulsada pola Deputación da Coruña, celebrará do 11 ao 13 de setembro a tradición con catas, 'showcookings', concertos e visitas aos campos de cultivo

Conta atrás para a eclipse parcial de Lúa: por que se tinguirá de vermello e cando acadará o seu máximo

O fenómeno comezará ás 4.34 horas e rematará ás 9.01, sen que se precisen lentes especiais para a súa observación

Tutorial para facer o teu propio filtro para fotografar a eclipse e outros consellos

O fotógrafo Alejandro Muñoz explica como capturar o Sol de forma segura e o astrofotógrafo Daniel López dá recomendacións para obter un bo resultado

Onde ver a eclipse do 12 de agosto? Unha aplicación puntúa os mellores lugares de Galicia

A fronteira asturiana e a provincia de Lugo teñen os miradoiros máis idóneos, pero tamén no terreo da Coruña se atoparán espazos onde desfrutar o fenómeno con claridade