Investigación

Recaer no consumo de cocaína non é falta de vontade: así é como a droga reconfigura o cerebro

Un estudo revela o mecanismo polo que a substancia altera o funcionamento do hipocampo e provoca a compulsión continua por consumila

Un estudo con selo galego clasifica de alto risco catro variantes de cancro hereditario de mama e ovario

A investigación na que colabora o IDIS é fundamental para mellorar os diagnósticos xenéticos e axudar os profesionais sanitarios a tomar decisións sobre a atención e o manexo dos pacientes

Só un 1,6% de denuncias: os datos detrás das agresións sexuais a universitarias galegas en presenza de drogas

Un estudo da USC revela que o 87,3% dos agresores eran homes e case o 63% eran coñecidos das vítimas, principalmente en contextos de ocio

Un novo proxecto científico busca recuperar a comercialización da volandeira na ría de Vigo

O estudo VOLARIA do IEO-CSIC investigará as causas biolóxicas e ambientais da acumulación de elevados niveis de chumbo no bivalvo

Un equipo da UVigo consegue criar centolas en catividade por primeira vez

Investigadores do proxecto MAJA completan o ciclo produtivo da especie ata talla comercial utilizando exclusivamente penso

O 71% das feces humanas en Europa dan positivo en glifosato, un herbicida de uso masivo en Galicia

Un estudo internacional emprega os excrementos como biomarcador e determina que a exposición ao herbicida é maior da que se pensaba

A demanda do mexillón en España deixa pegada de carbono: o 54% concéntrase na elaboración de conservas

Un estudo estatal indica que a produción en escabeche implica un consumo elevado de enerxía e materiais

Un equipo de Santiago detecta alteracións en marcadores sanguíneos asociados á depresión maior

O trastorno adoita vincularse cun maior risco de deterioración cognitiva pero non se coñecen con precisión os mecanismos biolóxicos que pode haber detrás

Que é a febre Q, a zoonose causada por unha bacteria silenciosa e común nas granxas galegas

Un estudo da USC revela que un 60% das explotacións son positivas en 'Coxiella burnetii', un patóxeno relacionado con problemas reprodutivos no gando e síntomas respiratorios en humanos

Ciencia forense ao servizo da arte urbana: o reto de conservar os grafitis galegos

Un equipo da UVigo aplica tecnoloxías de análise para estudar a obra do pioneiro artista Muelle e a presenza das súas pinturas na cidade olívica

O equipo de Barbacid elimina por completo o cancro de páncreas en ratos

O grupo do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas evita resistencias en modelos animais cunha tripla terapia combinada

Avatares para non perder a escola: unha iniciativa galega contra o illamento do alumnado hospitalizado

A USC impulsa a pilotaxe dun proxecto pioneiro que favorece a inclusión educativa a través de sistemas de telepresenza

María Mayán: “Combatemos un dos principais retos do cancro: a resistencia aos tratamentos”

O grupo Cellcom do CINBIO, recoñecido nos Premios RAGC de Investigación por identificar unha vía terapéutica contra tumores con mutación BRAF

Os Premios da Academia de Ciencias recoñecen un avance contra o cancro liderado por María Mayán

Os galardóns á investigación conceden a remuneración en Ciencias Básicas ao proxecto do CINBIO pola identificación dunha nova diana terapéutica, ademais de outorgar dous accésits na mesma categoría

Un gran mapa xenético de Galicia localiza as mutacións máis frecuentes e asociadas a sete enfermidades

O catedrático da USC Antonio Salas esboza unha cartografía que pode servir como guía para a detección precoz, a prevención e a medicina personalizada

Un equipo galego valida un sistema de IA para predicir o risco de desenvolver diabetes

GluFormer é produto dunha investigación internacional que acaba de publicar a revista 'Nature' e que conta coa participación da USC