Un estudo con selo galego clasifica de alto risco catro variantes de cancro hereditario de mama e ovario

A investigación na que colabora o IDIS é fundamental para mellorar os diagnósticos xenéticos e axudar os profesionais sanitarios a tomar decisións sobre a atención e o manexo dos pacientes

Investigadores do grupo Xenética en Cancro e Enfermidades Raras do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) e da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica participaron nun estudo que acaba de ser publicado na revista Clinical Chemistry. O artigo céntrase no cancro hereditario de mama e/ou ovario e logra clasificar de alto risco catro variantes. O traballo tamén inclúe recomendacións de vixilancia intensiva, cirurxía preventiva e terapias dirixidas.

Investigáronse 17 variantes xerminais nos xenes BRCA1 e BRCA2 identificadas en familias con sospeita de cancro hereditario de mama e/ou ovario. Avaliouse o impacto desas variantes sobre o splicing, un proceso celular que “edita” o ARN para producir proteínas funcionais. Isto realizouse mendiante e análise de ARnm dos portadores ou mediante ensaios funcionais en minixenes híbridos.

Publicidade

“A clasificación clínica das variantes realizouse, seguindo as guías ACMG/AMP específicas para BRCA1 e BRCA2, de acordo coas recomendacións do Panel de Expertos de Variantes BRCA1 e BRCA2 de ClinGen ENIGMA e do Subgrupo de Interpretación de Variantes de Secuencia de ClinGen”, explica Olivia Fuentes Ríos, primeira autora do artigo xunto a Marta Santamariña. 

As mutacións nos xenes BRCA1 e BRCA2 son responsables de até o 25% dos tumores de mama e ovario hereditario, pero non todas as variantes xenéticas que alteran o splicing son variantes patoxénicas. Moitas quedan clasificadas como “de significado incerto”, o que complica as decisións médicas sobre prevención e tratamento.

Publicidade

Achados clave

O artigo clasifica catro variantes como patoxénicas ou probablemente patoxénicas, o que implicaría un alto risco de cancro e recomendacións de vixilancia intensiva, cirurxía preventiva ou terapias dirixidas. Dez variantes consideráronse benignas ou probablemente benignas, mentres que tres permanecen clasificadas como de significado incerto.

Estas clasificacións son importantes porque se utilizan nos diagnósticos xenéticos e axudan os profesionais sanitarios a tomar decisións sobre a atención e o manexo dos pacientes. “Ademais de refinar a clasificación clínica das variantes sinaladas, este estudo destaca a importancia de combinar evidencia experimental e predicións computacionais para mellorar a interpretación xenética e a avaliación do risco de cancro hereditario”, sinala Ana Vega, coautora sénior do artigo e líder do grupo Xenética en Cancro e Enfermidades Raras do IDIS. 


Referencia: Splicing Predictions, Splicing Assays, and Variant Classification Using ACMG/AMP Guidelines: Challenges Observed with BRCA1 and BRCA2 Variants (Publicado en Clinical Chemistry)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Un de cada doce homes con cancro de próstata de alto risco ten alteracións xenéticas hereditarias relevantes

Un equipo de Santiago publica un estudo co que avanza na comprensión da enfermidade e cara a unha medicina máis personalizada

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Unha investigación galega abre unha nova vía para mellorar o diagnóstico de tumores en tecidos brandos

O equipo de Radioloxía do CHUS e do IDIS combina por primeira vez a elastografía e a microvascularización para coñecer mellor o comportamento biolóxico das lesións