Investigación

Por que os adolescentes ignoran a voz das súas nais?

A partir dos 12 anos hai un cambio no desenvolvemento neurolóxico do individuo e as voces maternas teñen menos impacto que as non familiares

Identificadas as neuronas que morren no párkinson

Investigadores estadounidenses atopan un grupo de células "altamente susceptibles" á dexeneración, que poderían ser as candidatas á intervención terapéutica

Descuberto un novo regulador da proliferación celular no sistema nervioso

O achado, que se fixo na mosca da froita, pode axudar a comprender mellor os procesos tumorais en humanos

Enxeñeiros crean un encima que descompón o plástico en horas, non en décadas

Un estudo publicado en ‘Nature’ describe unha variante encimática que reduce enormemente o tempo de descomposición dos componentes plásticos

Novo candidato a fármaco para bloquear as células nai dos tumores

Un consorcio internacional descubriu o MCLA-158, un anticorpo que tamén impide a aparición de metástase en modelos experimentais

As videochamadas e o teletraballo limitan a túa creatividade, segundo un estudo

A comunicación virtual céntrase na pantalla e reduce o enfoque cognitivo, tal e como conclúen investigadores de Estados Unidos nun artigo de Nature

Investigadores de Santiago establecen un novo enfoque no tratamento de tumores

Unha nova molécula sintetizada por un equipo da USC ataca o metabolismo enerxético que é necesario para a progresión do cancro

A aceleradora do sector da alimentación busca proxectos innovadores de emprendemento

O Business Factory Food convoca un Infoday para impulsar actuacións que den resposta aos retos do ámbito alimentario

O CSIC crea anticorpos que neutralizan as variantes máis virulentas do coronavirus

A administración dunha única dose protexeu da morte por covid a entre o 85% e 100% dos animais infectados, que se recuperaron en dúas semanas

O maior estudo sobre o xenoma completo do cancro verte luz sobre as súas causas

Un estudo publicado en Science analiza o ADN de máis de 12.000 tumores e permite dectar patróns ou "firmas mutacionais", 58 delas novas

Nova estratexia para identificar dianas terapéuticas do cancro de mama máis agresivo

Investigadores do CSIC publican un estudo no que localizan proteínas de membrana das células tumorais para logo atacalas de maneira específica

Matemáticos galegos desenvolven un código que predí a evolución da covid

Os científicos da USC e da UVigo basearon o cálculo no ‘xemelgo dixital’ da NASA, xurdido para simular o modelo físico dunha nave aeroespacial

Un tratamento non invasivo erradica o cancro de fígado en ratos

Científicos estadounidenses usan ultrasóns e conseguen eliminar o tumor nun 80% dos animais, que tampouco presentaron metástase

Un equipo galego descifra a ruta dos contaxios de covid a partir da información xenética

Un estudo publicado polo proxecto Epicovigal usa ferramentas máis precisas para predicir gromos a escalas máis pequenas, como a cidade de Vigo

Achada unha función bacteriana que fagocita ADN para sobrevivir ao sistema inmune

A investigación, liderada polo CSIC, abre a porta ao desenvolvemento de dianas terapéuticas que reforcen a inmunidade fronte ás infeccións hospitalarias

Un estudo proba a eficacia dun fármaco contra a insuficiencia respiratoria causada pola covid

Un equipo de investigadores de Santiago demostra que a dexametasona serve para tratar pacientes con neumonía moderada ou grave derivada da infección