Matemáticos galegos desenvolven un código que predí a evolución da covid

Os científicos da USC e da UVigo basearon o cálculo no ‘xemelgo dixital’ da NASA, xurdido para simular o modelo físico dunha nave aeroespacial

Científicos da USC e a UVigo lograron facer un código, baseado no concepto da NASA xemelgo dixital, para predecir cunha simulación virtual a evolución de doenzas como a covid-19 a curto e longo prazo. Tamén permitea observación de como tería sido o desenrolo da pandemia de non haber adoptado as diferentes medidas feitas ata o de agora.

Os investigadores pertencen na súa maior parte ao CITMAga (Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia) e teñen publicado o seu artigo na revista Mathematical Methods in the Applied Sciences, baixo o título ‘Concept and solution of digital twin based on a Stieltjes differential equation’ . Nel tómase como punto de partida a noción de xemelgo dixital, un concepto que xurdiu coa vontade de mellorar a simulación do modelo físico dunha nave aeroespacial. En concreto,é unha representación virtual dun obxecto, proceso ou servizo físico.

Publicidade

Estas réplicas virtuais son utilizadas para crear simulacións antes de aplicar cambios nos obxectos reais. Trátase de recompilar datos para predicir como pode ser o seu comportamento futuro. Deste xeito, os investigadores traballan con tres elementos: os datos reais da pandemia, un modelo virtual e a interacción entre a realidade e o devandito modelo.

O equipo de científicos sinala a importancia desta achega pois é aplicable a outras doenzas. “Podemos predicir o avance da gripe cunha elevadísima precisión, o que é fundamental para a toma de decisións”, afirman, e “sería moi útil en futuras epidemias”, conclúen. Esta investigación contou co apoio da Agencia Estatal de Investigación, o Instituto de Salud Carlos III e da Xunta de Galicia.

Publicidade

A posibilidade de predecir o futuro

No caso da pandemia por mor da covid, producíronse múltiples situacións e toma de decisións para evitar o contaxio. “O que fixemos foi empregar a idea de xemelgos dixitais para definir un modelo de tipo compartimental que nos permite actualizar as distintas taxas coa periodicidade axeitada e poder predecir o futuro cun alto grao de precisión”, sinala Juan José Nieto, catedrático de Análise Matemática da USC.

O traballo consiste en dividir a poboación total en grupos (dependendo do estado de saúde) e despois estudar o nivel de propagación dunha determinada enfermidade. “A idea principal é que os obxectos reais e dixitais estean relacionados de tal maneira que os datos flúan do sistema real ao virtual, e a información do dixital estea dispoñible para comprender e predicir a evolución do sistema real, ou incluso actuar sobre el para modificar o seu comportamento”, explican os matemáticos no artigo.

Para poder incrementar máis a precisión das predicións, os investigadores, empregaron una ferramenta denominadas derivadas de Stieltjes que permiten ter en consideración procesos e, xunto co código desenvolvido, facer predicións da evolución da pandemia a curto, medio e longo prazo, tomando en consideración o acontecido ata unha data determinada e constatar como tería sido a evolución en diferentes escenarios hipotéticos. “Son futuros que non se produciron, algúns deles afortunadamente”, sinalan os investigadores.


Referencia: Concept and solution of digital twin based on a Stieltjes differential equation (Publicado en Mathematical Methods in the Applied Sciences)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Percepción do piropo entre a mocidade galega: só o 25% dos rapaces se sente mal cando o emite

Unha tese doutoral investiga a obxectivización do corpo das muller a través desta antiga práctica en 232 adolescentes de Pontevedra e Ourense

O 9% dos afogamentos en Galicia corresponden a intentos de suicidio

Un estudo da USC e da UVigo conclúe que o maior número de casos se produce nos maiores de 65 anos, en contornas rurais e sen testemuñas

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas

María Mayán capta 100.000 euros para impulsar unha nova inmunoterapia contra o cancro de mama

A investigadora do Cinbio recibe unha Bolsa FERO para desenvolver un proxecto sobre as terapias celulares CAR-NK, moi prometedoras en medicina personalizada