A física Yolanda Prezado, premio Wonenburger 2026 polos seus estudos en radioterapia

A Unidade de Muller e Ciencia da Xunta concede por unanimidade o galardón á investigadora galega, considerada unha referencia europea en protonterapia

O pleno da Unidade da Muller e da Ciencia da Xunta de Galicia decidiu outorgar o premio María Josefa Wonenburger Planells 2026 á doutora en Física pola Universidade de Santiago (USC), Yolanda Prezado. Este galardón, que lle foi comunicado na mañá deste xoves pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, pretende recoñecer o seu labor de investigación no eido da radioterapia e a decisión foi acadada por consenso e unanimidade.

Prezado (Verín, 1977) é licenciada en Física pola USC e investigadora do Centro en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS). Previamente, formou parte do Institut Curie, en París, como líder do grupo de radiobioloxía traslacional. Durante os anos 2019 e 2020 presidiu o Comité Científico da Federación Europea de Físicos Médicos e o Congreso Europeo de Física Médica. Desde o seu regreso a Galicia está xa configurando un polo de referencia en radioterapia avanzada no CiMUS, cunha proxección clínica e tecnolóxica de longo percorrido.

Publicidade

Referencia en Europa

A Unidade da Muller e da Ciencia destacou o papel de Yolanda Prezado nas investigacións sobre radioterapia e, especificamente os seus traballos sobre protonterapia, un campo no que está considerada unha referente europea. En xeral, o seu labor céntrase en impulsar tratamentos radiobiolóxicos fronte ó cancro, con terapias menos invasivas. De feito, os seus avances foron merecedores do premio da Academia Francesa das Ciencias no ano 2021. En 2024, despois de máis dunha década en Francia, Prezado retornou a Galicia para incorporarse ao CiMUS como investigadora distinguida do programa Oportunius da GAIN. O obxectivo da súa volta foi o de impulsar a investigación en protonterapia.

O Pleno da Unidade Muller e Ciencia destacou que este ano foi un dos máis complicados á hora de escoller unha proposta, ao haber candidaturas moi diversas, con moito talento e que supuxeron unha difícil elección. Hai que sinalar que este premio María Josefa Wonenburger Planells outórgase anualmente desde o ano 2007 e leva o nome da investigadora matemática galega, pioneira e referente internacional no ámbito das ciencias e que, ademais, foi unha adiantada ao seu tempo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto con participación galega estuda novas formas de radioterapia contra os tumores cerebrais

InnovaRTBRAIN investiga tratamentos máis eficaces e seguros fronte ao glioma, un dos cancros do cerebro máis agresivos e complexos

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos