Un estudo proba a eficacia dun fármaco contra a insuficiencia respiratoria causada pola covid

Un equipo de investigadores de Santiago demostra que a dexametasona serve para tratar pacientes con neumonía moderada ou grave derivada da infección

Un grupo de investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) realizou un ensaio clínico con pacientes hospitalizados con insuficiencia respiratoria moderada ou grave provocada pola covid. Os resultados demostran que experimentan melloría aos 11 días se se lles aplican doses altas (20mg/día) de dexametasona, en comparación cos pacientes ás que se lle administran as baixas (6mg/día), recomendadas pola Organización Mundial da Saúde (OMS). O estudo acaba de ser publicado na revista European Respiratory Journal.

Máis en detalle, a dexametasona é un fármaco prescrito para aliviar a inflamación e para tratar certos tipos de cancro, artrite, alerxias severas ou asma. Amais disto, a dexametasona emprégase para tratar a insuficiencia respiratoria causada pola covid en pacientes hospitalizados que require de administración de osíxeno. E malia que a OMS recomenda doses baixas, o estudo realizado no IDIS demostra que as altas son máis efectivas e non se asocian a un maior risco de efectos adversos.

Publicidade

O ensaio clínico

Os participantes no estudo presentaban neumonía moderada ou grave. En total, incluíron 200 pacientes cunha idade media de 64 anos, dos que o 62% foron homes. Os resultados revelaron que o 31,4% dos pacientes que recibiron doses baixas do fármaco sufriron empeoramento clínico durante o seu ingreso, en comparación cos 16,3% que recibiron as doses altas de dexametasona, nos que se observou un importante beneficio con altas doses de dexametadona, moi similares ás utilizadas na Unidade de Coidados Intensivos (UCI). Malia o uso de altas doses de corticoides, as reaccións adversas foron similares nos dous grupos estudados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sanidade rexistra un aumento na incidencia da gripe e a covid

As taxas de dispensación de antigripais e probas de antíxenos aumentaron un 24,5 % e un 88,9 %, respectivamente, en comparación coa semana anterior

Unha tese galega explora o potencial inmunomodulador e neuroprotector do litio fronte á covid-19

A investigación identifica cambios en biomarcadores inflamatorios e parámetros inmunolóxicos en pacientes tratados co fármaco

Por que o hantavirus esperta os medos da pandemia: “A covid deixounos unha memoria emocional”

Os psicólogos galegos Fernando Vázquez, Paula Marcos e Rosa Cerqueiro analizan como o cerebro atribúe riscos a escenarios actuais baseándose en experiencias pasadas

Como se detecta o hantavirus: así funcionan as probas de laboratorio mediante PCR

As autoridades estadounidenses notifican un “positivo leve” nun dos repatriados, aínda que Sanidade sostén que non presenta sintomatoloxía concluínte