Descuberto un novo regulador da proliferación celular no sistema nervioso

O achado, que se fixo na mosca da froita, pode axudar a comprender mellor os procesos tumorais en humanos

Investigadoras do Instituto de Neurociencias, centro mixto do CSIC, e a Universidade Miguel Hernández (UMH) de Alicante, descubriron que as Netrinas, moléculas de guía axonal, cumpren cunha función ata agora descoñecida. Estas son capaces de regular o exceso de proliferación das células nai e proxenitoras neurais, materia prima do corpo a partir das cales se xeran outras células con funcións especializadas. Dito estudo realizouse na mosca da froita (Drosophila melanogaster), no que observaron como os sinais das Netrinas regulaban a división asimétrica das células nai neurais do sistema nervioso central, chamadas neuroblastos, precursoras das neuronas e outras células do cerebro. Este novo achado foi publicado recentemente na revista Current Biology.

Que acontece neste proceso?

As Netrinas pertencen a unha familia de moléculas moi estudada, que é capaz de atraer ou repeler as células. Durante o seu desenvolvemento, as conexións entre neuronas establécense grazas ao declive destas moléculas que guían os axóns ata o seu destino final. Ademais, están involucradas en procesos de migración neuronal que ten lugar durante o desenvolvemento embrionario.

Publicidade

A división asimétrica das células nai é un proceso fundamental e universal que acontece no noso corpo para xerar diversidade celular durante o desenvolvemento do embrión e modular a homeostases dos tecidos na vida adulta. Esta división asimétrica da lugar a dous células fillas distintas, unhas capaces de seguir dividíndose e outras que deixan de multiplicarse para converterse nos distintos tipos de células do organismo, que no caso do sistema nervioso serán as neuronas e as células gliais.

Este proceso é moi relevante a nivel biolóxico, tanto durante o desenvolvemento do organismo como á hora de manter un equilibrio fisiolóxico nos individuos adultos. Porén, un erro na división celular asimétrica, que fai que as células fillas deixen de dividirse e se inicie así o proceso de diferenciación, pode derivar en dúas células fillas iguais á célula nai (división simétrica) que non deixen de dividirse ata chegar a un exceso de células proliferativas. O descubrimento da relación entre estes erros, no proceso de división asimétrica, e a formación de tumores é un dos máis relevantes que se deu nas últimas décadas. 

Publicidade

 esta nova función das netrinas pode ser moi relevante para comprender mellor os procesos tumorais en humano

“Descubrimos unha nova función para as Netrinas, que regula o exceso de células nai e proxenitoras neurais pola modulación dos niveis do limiar de sinalización do Robol, outra molécula de guía axonal”, explican Ana Carmena, que lidera dito estudo. “Vimos que a regulación dos niveis de sinalización de Robo1 é crítica, e tanto un exceso como unha falta de sinalización desta molécula nas células nai significa un exceso de proliferación destes tipos celulares”, sinala a investigadora, que leva máis de 15 anos estudando o proceso de división celular e os mecanismos que o regulan para asegurar o correcto desenvolvemento do sistema nervioso e evitar divisións descontroladas que poden dar lugar a tumores.

Dada a alta conservación destas moléculas de guía axonal, é posible que esta nova función na mosca da froita, que regula o exceso de proliferación de células nai, estea conservada nos vertebrados. Isto pode ser moi relevante para comprender mellor os procesos tumorais en humanos, ademais de ter potenciais implicacións en terapias contra o cancro a longo prazo. 

A mosca da froita como modelo de enfermidades humanas

As observacións sobre as conexións entre a división celular asimétrica e a formación de tumores (tumoroxénese), usando células nai neutrais do cerebro da mosca da froita, chamadas neuroblastos, deu lugar a que este animal fose un sistema modelo para afondar no coñecemento deste crítico campo. 

Isto é posible porque o 75% dos xenes asociados a distintas enfermidades humanas teñen un equivalente no xenoma da mosca da froita. Os seus 4 pares de cromosomas (ao lado dos nosos 23 pares, en humanos) e o seu breve ciclo de vida (de 9 a 10 días a 25ºC), permiten estudar moitas xeracións en moito tempo. A isto se lle suma a versatilidade de ferramentas xenéticas desenvolvidas para manipular o seu xenoma, mediante a mutación ou sobreexpresamento de xenes, e outras vantaxes, que fan que a mosca da froita sexa unha potente ferramenta en biomedicina para abordar bases moleculares de múltiples enfermidades humanas, como o cancro.


Referencia: Glial-secreted Netrins regulate Robo1/Rac1-Cdc42 signaling threshold levels during Drosophila asymmetric neural stem/progenitor cell división (Publicado en Current Biology)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade

Unha nova Unidade Mixta da USC impulsa terapias innovadoras en cancro e enfermidades inflamatorias

A colaboración con SunRock Biopharma integra grupos do CiMUS para validar candidatos terapéuticos en fases temperás