plásticos

Unha marea de bólas de plástico en praias galegas: “Podemos acabar inxeríndoas os humanos”

O biólogo Rafael Carballeira alerta de que os ‘pellets' poden concentrar no seu interior gran cantidade de substancias tóxicas

Este vídeo amosa todos os plásticos extraídos dun cetáceo varado na Coruña

Gran parte dos varamentos destas especies débese á presenza de residuos humanos que obstrúen o seu sistema dixestivo

Deseñan unha proteína artificial capaz de filtrar e degradar plásticos

Cada ano prodúcense preto de 400 millóns de toneladas de plásticos no mundo, unha cifra que aumenta arredor dun 4% anualmente

En que zonas das Rías Baixas hai plásticos flotantes? Este mapa ten a resposta

Un equipo do Grove leva dende 2016 realizando mostraxes na ría de Arousa e nas súas augas circundantes para estudar o lixo mariño en superficie

Lego e a toxicidade dos bioplásticos: por que a túa bolsa de compost pode ser unha fraude

Varios estudos conclúen que o plástico de "toda a vida" ten menos contaminantes que as alternativas vendidas como ecolóxicas

A cara B da pesca do polbo: unha praga de plásticos chega ás praias de Galicia e Portugal

Dous investigadores de Coímbra alertan da aparición de nasas en areais e dunas e urxen a tomar medidas para mitigar a súa contaminación

Estamos bebendo plásticos?

Distintos estudos detectaron microplásticos tanto na auga embotellada como na da billa. Aínda non está regulado o nivel máximo permitido destes contaminantes na auga de consumo

Millóns de toneladas de plástico no mar, nos océanos e nos ríos

O mundo produce o dobre destes residuos que hai dúas décadas. A maior parte deles incinérase ou contamina o medio ambiente

O tiburón de Oleiros morreu por inxestión de plásticos

Varios obxectos, como tapóns de botella e fibras de pesca, obstruíron a válvula espiral do exemplar ata provocar o seu falecemento

Enxeñeiros crean un encima que descompón o plástico en horas, non en décadas

Un estudo publicado en ‘Nature’ describe unha variante encimática que reduce enormemente o tempo de descomposición dos componentes plásticos

Investigadores do IEO atopan plástico en peixes a máis de 1.000 metros de profundidade

O primeiro estudo sobre microplásticos no banco de Porcupine, ao oeste de Irlanda, revela que un de cada catro exemplares presenta restos no estómago

Luz verde á lei de residuos que prohibe os plásticos dun só uso

Entre outras medidas, os biorresiduos de orixe doméstica deberán recollerse separadamente a partir de xullo nas entidades locais con máis de 5.000 habitantes

“Non queremos alarmar, pero necesitamos medidas para reducir o plástico no mar”

O investigador Jesús Gago, membro do equipo do IEO que analiza os microplásticos na ría de Vigo, alerta da súa presenza “no que comemos e incluso no que respiramos”

As consecuencias da incorrecta eliminación de millóns de máscaras

O enorme volume de aparellos de protección fronte ao SARS-CoV-2 está a producir un importante impacto ambiental no planeta

Científicos galegos preparan plásticos biodegradables a partir de biomasa

O grupo de Biotecnoloxía Ambiental da USC forma parte do proxecto Usable Packaging, que elabora estes produtos con materia orgánica

Refugallo cero: cinco consellos para eliminar o plástico na vida cotiá

Entidades como Adega ou Greenpeace animan á sociedade a reducir ao mínimo o consumo co gallo da Semana Mundial do Medio Ambiente