Museos Científicos Coruñeses

A Domus organiza un curso sobre vacinas dirixido a profesores

As sesións terán lugar os días 8, 22 e 29 de novembro, e están dirixidas a docentes de Educación Secundaria para concienciar sobre a inmunización

Ricardo Domínguez: “O cine axuda a reflexionar sobre a relación que imos ter coa robótica”

O director do Ros Film Festival, un certame de curtas sobre robótica, fala sobre as proxeccións que teñen lugar hoxe e mañá na Coruña

A Domus da Coruña acolle un festival de cine robótico

O Ros Film Festival incluirá proxeccións, charlas e obradoiros de teatro robótico o venres 19 e o sábado 20 de outubro

Arte sostible en familia, no Aquarium Finisterrae

O colectivo artístico Retoque Retro e os Museos Científicos Coruñeses organizan obradoiros para crear obras a partir de lixo recollido nas praias

Xornada de divulgación sobre a identidade de xénero na Domus da Coruña

A Asociación pola Liberdade Afectivo-Sexual (Alas) e os Museos Científicos Coruñeses organizan a sesión para o día 12 de outubro

Apúntate á aventura coas focas do Aquarium Finisterrae da Coruña

O luns 1 de outubro abre o prazo para a preinscrición na actividade, que se desenvolverá nos vindeiros meses

Viaxa ao corazón do Aquarium na Coruña

Os Museos Científicos Coruñeses abren o luns 24 ás 10 da mañá unha nova edición da visita para coñecer o funcionamento do acuario

Os Museos Científicos Coruñeses abren o curso con novos horarios e actividades

O Planetario da Casa das Ciencias e o cine 3D da Domus renovan tamén a súa programación a partir deste mes

Estrea de “A noite é necesaria”

O planetario da Casa das Ciencias acolle a presentación do filme, producido polos Museos Científicos Coruñeses

Mar de plástico: arte para denunciar o dano que lle facemos aos océanos

O Aquarium Finisterrae acolle unha exposición con obras artísticas realizadas a partir de lixo recuperado nas costas galegas

Oito destinos coruñeses de turismo científico urbano

Galicia posúe un nutrido ecosistema de divulgación científica que permite achegarse e coñecela, máis aló dunha visión estética ou puramente turística

O científico Lluís Montoliu imparte unha conferencia na Coruña este luns 14

O investigador do Centro Nacional de Biotecnoloxía falará sobre as técnicas CRISPR, unhas prometedoras ferramentas de edición xenética

A Coruña celebrou o Día da Ciencia na Rúa

O parque de Santa Margarida acolleu a 23ª edición deste certame organizado polos Museos Científicos Coruñeses

Oceanosfera: como ver a Terra desde o espazo no Aquarium Finisterrae

A esfera do planeta que acolle o museo coruñés representa a historia da Terra, o cambio climático, os fenómenos atmosféricos ou a iluminación nocturna

Os Museos Científicos Coruñeses convocan os XXXI Premios Prismas

Os premios, referencia da divulgación científica en España, teñen categorías de vídeo, web/rede social, libro, texto inédito, artigos xornalísticos e radio

Rexeitar as vacinas non é san (nin ecolóxico)

O director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado, analiza o debate xurdido despois da cancelación das charlas antivacinas na Coruña