Viaxa ao corazón do Aquarium na Coruña

Como se pon a funcionar un acuario? Como se filtra e limpa a auga? Como se calculan e controlan as condicións axeitadas para que os animais poidan habitar estes lugares? Como se prepara a comida? O Aquarium Finisterrae, dos Museos Científicos Coruñeses, prepara unha nova edición da actividade “Viaxe ao centro do Aquarium“, unha visita de 90 minutos por algúns dos lugares clave para o funcionamento desta instalación. As vindeiras citas terán lugar ás 12 horas dos días sábado 29 e domingo 30 de setembro e sábado 3 e domingo 4 de novembro.

Para participar, cómpre estar atentos para inscribirse o vindeiro luns 24 de setembro ás 10 da mañá, cando se abrirá o formulario de inscrición que podes consultar nesta ligazón. A actividade, dirixida a maiores de 14 anos, ten un límite de 15 prazas por día. Pódese preinscribir a catro persoas por solicitude.

Publicidade

Despois de recibir a confirmación por correo electrónico da preinscrición, segundo sinalan desde os Museos, é necesario abonar o prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae. Este trámite é gratis para titulares de Tarxeta 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. Só se contactará por e-mail coas persoas que obteñan praza, mentres que o resto de solicitudes formarán parte da lista de espera.

Podes acceder ao formulario a partir das 10 horas do luns 24 nesta ligazón.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela