A USC colabora no estudo dos efectos do cambio climático en Corea do Sur

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, no Campus Terra de Lugo, é xa un centro de referencia internacional en proxectos agroforestais e na promoción de iniciativas orientadas a reducir a emisións dos gases que producen o efecto invernadoiro e os posteriores efectos negativos asociados ao cambio climático.

A escola lucense estase convertendo nunha referencia internacional en proxectos agroforestais

Neste senso, a catedrática do Departamento de Produción Vexetal da USC e profesora na EPS de Enxeñaría do campus de Lugo Rosa Mosquera, quen, entre outros cargos, tamén ocupa a presencia da Asociación Española de Sistemas Agroforestais (AGFE), ao tempo que coordina a sección de cultivos agrícolas da Alianza Global de Investigacións e forma parte do elenco de observadores do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre Cambio Climático (IPCC) está a contribuír en grande medida á proxección internacional do centro universitario lugués.

Publicidade

Recentemente, unha representante do Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente de Corea de Sur visitou a escola do campus lucense para coñecer de preto algúns dos proxectos que desenvolven. A técnica coreana amosou “especial interese en coñecer sobre o terreo proxectos pilotos no eido da agroforestería como o son o da comunidade de montes do Carballo, en Friol, ou as plantacións de nogueira e cerdeira que xestiona en Arzúa e Boimorto Bosques Naturales.

Rosa Mosquera aceptou viaxar a Corea para manter encontros con técnicos do país

Ademais de recoller información sobre a promoción de proxectos e prácticas agroforestais e logo de coñecer in situ estes dous proxectos agroforestais sustentables, a visitante coreana solicitou a colaboración de Rosa Mosquera para asesorar nesta materia á Administración do seu país, dado o grande interese de Corea no desenvolvemento de iniciativas sustentables que contribúan á posta en valor do medio ambiente, favorezan o secuestra de carbono e permitan reducir os efectos do cambio climático.

Publicidade

Logo da solicitude recibida, Mosquera aceptou o convite para viaxar a Corea e manter encontros de traballo con profesionais e técnicos, a fin de impulsar no o desenvolvemento de investigacións e tamén de proxectos e experiencias agroforestais. Outra das posibilidades que abre esta nova colaboración pasa pola habilitación dalgún programa de formación e I+D nesta materia, no que participe a USC con outras universidades ou centros de investigación de Corea.

Interese de Indonesia

A visita ao Campus Terra desta emisaria de Corea do Sur prodúcese apenas unhas semanas despois da realizada por unha comitiva da Facultade de Agricultura da universidade Mohamadiya de Yogyakarta encabezada pola súa decana, Indira Prabasari. O obxectivo deste encontro xirou ao redor dun proxecto de I+D titulado ‘Indicadores de biodiversidade para mellorar a sustentabilidade dos campos de arroz para previr crises alimentarias’. Esta actuación antóllase de importancia capital en Indonesia, por tratarse dun país cun importante nivel produción de arroz, pero tamén polo valor que teñen os campos de arroz como agroecosistemas acaídos para a conservación biolóxica.

A visita desta delegación da Mohamadiya de Yogyakarta traducirase en breve na visita de Rosa Mosquera ao país asiático, onde prevé completar unha estadía de dúas semanas. Neste tempo, a profesora na EPS de Enxeñaría do campus de Lugo poderá coñecer a casuística particular de Indonesia, ao tempo que prestará asesoramento e ofrecerá formación a investigadores universitarios e responsables técnicos e da Administración.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rompe o tópico: en 2025 rexistráronse máis horas de sol do habitual

O documento confirma o aceleramento do quentamento global ao recoller unha temperatura media de 1,1 graos por enriba do promedio anual normal

Aire acondicionado fronte ao cambio climático: indispensable ou incompatible?

A OMS presenta unha nova guía de plan de acción sobre saúde e calor na que recoñece os seus efectos negativos á vez que insiste na necesidade de acceso

Do cambio climático aos patóxenos: as claves do acusado declive da zamburiña en Galicia

Un grupo do IIM-CSIC inicia unha investigación no único banco natural explotable en Galicia que apunta unha combinación de múltiples factores

Galicia rexistra 18 mortes en maio asociadas á calor extrema

A provincia da Coruña foi a máis golpeada ao sumar 15 dos falecementos totais do mes, mentres que Ourense non rexistrou ningún