O CiMUS inaugura a Unidade de Cirurxía Experimental de Oftalmoloxia

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) de Santiago de Compostela acolleu este xoves a inauguración da súa Unidade de Cirurxía Experimental de Oftalmoloxía. As novas instalacións terán por obxectivo “ofrecer un espazo con infraestrutura cirúrxica especializada, tanto para procedementos experimentais como docentes”, como indican desde a USC. A Unidade é froito da colaboración entre a USC e o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, xunto co Instituto Alcon, quen a través dun convenio co IDIS doou varios equipos e deu soporte hai uns meses a través dun curso de formación especializado.

No acto de inauguración, presidido por Antonio López, reitor da USC, participaron tamén a xerenta da EOXI de Santiago, Eloína Núñez, a directora da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, María Gómez-Reino; o catedrático de Oftalmoloxía e responsable do Laboratorio de Ciencias Visuais, Francisco García, e o catedrático de Oftalmoloxía da USC e xefe do Servizo de Oftalmoloxía do CHUS, Francisco Gómez-Ulla.

Publicidade

A unidade mellorará a formación e a investigacións dos profesionais adscritos ao CiMUS, o CHUS e a USC

Segundo explicou o profesor Gómez-Ulla, o novo material da unidade servirá para mellorar a investigación experimental e favorecer que os oftalmólogos en formación poidan practicar as técnicas cirúrxicas básicas e avanzadas da especialidade á vez que o persoal xa especializados poida desenvolver e practicar novas técnicas.

En concreto, o Instituto Alcon doou para esta unidade un facoemulsificador, un vitreotomo, tres simuladores de cirurxía oftalmolóxica e un compresor para o funcionamento de varios equipos simultáneos. Todo este material únese ao que xa tiña a unidade, que dispón ademais de manuais e programas regulados para realizar prácticas nas catro subespecialidades máis importantes da oftalmoloxía, como son glaucoma, cataratas, retina cirúrxica e oculoplastia.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos