Chega o outono esta fin de semana cun cometa, as Xemínidas e Mercurio

Na noite do próximo sábado 22 ao domingo 23, concretamente ás 3.54 horas, o Sol atoparase xusto no punto Libra da esfera celeste, atravesando o ecuador celeste dende o hemisferio norte cara o hemisferio sur. Ese instante, o equinoccio de setembro, marca o comezo do outono no hemisferio Boreal da Terra e polo tanto a primavera no Austral.

Como explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo, “son datas nas que a duración do dia e a noite coinciden, pasando esta última a gañar terreo ata o solsticio  de inverno –previsto para as 23.23 horas do 21 de decembro- no que a diferencia entre a noite e o dia será máxima no noso hemisferio.

Publicidade

Este outono terá unhas temperaturas elevadas e no eido astronómico conta con algúns espectáculos que inclúen un cometa, unha choiva de estrelas e o protagonismo do planeta Mercurio.

Verán seco e caloroso
Remata outro verán ”seco e caloroso en Compostela”, no que na garita meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, centro colaborador da AEMET, se mediron un total de 92,5 litros por metro cadrado ( 15,1 nos últimos días de xuño; 53,2 en xullo; 22,5 en agosto, e 1,7 en setembro). Como engade o profesor Docobo “dita cantidade é exactamente a mesma do verán de 2107 (92,5 l/m2)  e lixeiramente maior que a correspondente a 2016  (72,4 litros/m2)”.

Publicidade

A temperatura máxima rexistrada na garita de Campus Vida da USC foi de 37º6 (3 de agosto), mentres que a mínima foi de 10º0 (19 de setembro).

Astronomía
Astronomicamente, na nova estación destacan varias conxuncións planetarias e coa Lúa coma as seguintes: Lúa- Xúpiter no solpor (11 de outubro 10); Lúa-Saturno visible dende o solpor ata medianoite (14 de outubro); Lúa-Marte visible ao solpor (18 de outubro) e Lúa -Saturno visible ao solpor (11 de novembro). Ademais, os días 4, 5 e 6 de novembro sairán en liña no amencer a Lúa, Mercurio e Venus xunto coa estrela Spica.

Por outra banda, “son bos días para tentar observar o planeta Mercurio a simple vista tanto en torno ao 6 de novembro logo do solpor, coma sobre o 15 de decembro ao amencer”, engade o astrónomo da USC. Existe tamén a posibilidade de contemplar con prismáticos o cometa 38P/Stephan- Oterma en Xémini a finais de novembro.

Relativo ás choivas de estrelas, é destacable a das Xemínidas o 12 de decembro. Ademais, na actualidade está resultando posible contemplar a simple vista logo do solpor os planetas Venus, Xúpiter, Saturno e Marte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación da USC descobre por primeira vez mercurio nas cerámicas galegas de hai 5.000 anos

Dous estudos científicos revelan que as mostras procedentes do illote de Guidoiro Areoso destacan por presentar os valores máis altos rexistrados na análise

Que peixes son os máis sans para comer?

A seguridade fronte a contaminantes é clave no consumo de especies mariñas, co metilmercurio como principal risco sanitario. Por Antonio Figueras

Mercurio, Venus e Xúpiter forman un desfile planetario que poderás ver esta semana sen telescopio

Producirase unha conxunción entre Venus e Xúpiter e, uns días despois, o primeiro planeta do sistema solar estará visible xunto a eles

Guía para non perder a chuvia de estrelas das Xemínidas en Galicia

O pico de actividade chegará con máis de 120 meteoros por hora e alcanzará o seu pico entre a noite do 13 e a madrugada do 14, con ceos despexados na maior parte do territorio